Álvaro María Casas Blanco, nado en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas.

Traxectoria miniatura|dereita|Grupo dos Ultreyas na Misión Biolóxica de Galicia en 1932. En Ourense cursou os seus estudos básicos e de bacharelato e a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid. Doutorouse en Ciencias Históricas e Xeográficas, feito que talvez inflúa na proposta de teatro histórico deste autor. En 1928, mentres residía en Madrid, nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega. Creou a Biblioteca de Estudios Gallegos dentro da editorial Compañía Ibero-Americana de Publicaciones.

Exerceu de catedrático e director do Instituto local de Noia, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses, alén de militante do Partido Galeguista e membro do Instituto Histórico do Minho. No ano 1933, despois dunha longa polémica co Partido Galeguista, funda a Vangarda Nazonalista Galega. Precisamente nunha comunicación feita ao Instituto Histórico do Minho, en que fala do teatro de Galiza, publica a súa proposta de teatro galego. Na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representábel en calquera punto de Galiza, trazos que se achan na obra A morte de Lord Staüler (1929). Dirixiu a revista Alento (1934-1935).

Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Buenos Aires. Alí fundou en 1939 canda a Mariano Medina del Río o proxecto Emecé Editores. Despois residiu no Brasil.

A finais de febreiro de 1950 regresou a España gravemente enfermo, desembarcando en Barcelona;El Pueblo Gallego, 1-3-1950, p. 1. alí morreu o 8 de marzo dese mesmo ano.Necrolóxica en La Región, 11-3-1950, p. 3. Foi soterrado en Sabucedo de Montes (Cartelle).

Obra miniatura|225px|Manuel Lesteiro López, Claudio Losada, Álvaro das Casas e Filgueira Valverde cos Ultreya en Noia, retrato en Vida Gallega, 1932. Álvaro das Casas foi principalmente un autor dramático, o cal non lle impediu cultivar timidamente outros xéneros. A súa traxectoria como escritor está composta polas seguintes obras:

Teatro miniatura|250px|Álvaro María de las Casas e os Ultreyas visitando o dolmen de Axeitos, Vida Gallega, 1933. O xardín do Castelo de Vidre (1926). Colección Lar. A morte de Lord Staüler (1929). Pancho de Rábade. Via Crucis en Seis Estaciós (1931). O Tolo da Lastra (contido en Tres Conversas, 1930). A Gavilla (contido en Tres Conversas, 1930). Dente de Ouro (contido en Tres Conversas, 1930). O Outro (1930).Con ilustracións de Cándido Fernández Mazas. Mátria (1935). Teatro dos Nenos (1936). Rechouchío (1936). Mitin (1936). Obra dramática (2022). Vigo: Galaxia. 306 páxs. ISBN 978-84-9151-778-8. 16 pezas. Prólogo de Manuel F. Vieites.

Poesía Sulco e Vento (1931). Escolma de cantigas (1934).

Prosa Ladaíña (1927). Colección Lar. Xornadas de Sebastián Albor (1931).

Ensaio A Illa de Ons (1932, Nós). Verbas aos Mozos Galegos (1933). Recoñecemento A Asociación Álvaro das Casas leva o seu nome.

Vida persoal Foi irmán do tamén escritor Augusto Casas. Casou con María Ulloa Sotelo en 1928.Galicia Nueva, 13-1-1928, p. 2.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Xeración de 1925 Augusto María Casas Blanco Saturnino Casas Blanco

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid