O 17 de febreiro é o 48º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 317 días para finalizar o ano, 318 nos anos bisestos.
Acontecementos miniatura|dereita|100px|Situación do Canal de Suez. miniatura|dereita|100px|En 1989 nace a Unión do Mabreb Árabe. miniatura|dereita|100px|17 de febreiro de 2008, Viena, celebración da independencia de Kosovo. 478 a.C. - Heródoto menciona unha eclipse anular do sol, cando Xerxes I partía para a súa expedición contra Grecia. 1122 - Tareixa de León, raíña de Portugal, concede o bispo de Ourense e ós seus sucesores a xurisdición sobre a cidade. 1659 - Os españois recobran Salvaterra de Miño, na Provincia de Tui, en poder dos portugueses. 1801 - Un empate electoral entre Jefferson e Burr é resolto cando Jefferson é elixido presidente dos Estados Unidos e Burr vicepresidente. 1854 - O Reino Unido recoñece a independencia do Estado Libre de Orange. 1867 - O primeiro navío cruza o Canal de Suez entre os mares Mediterráneo e Vermello. 1902 - Declárase o estado de suspensión de garantías en Barcelona por mor da celebración dunha folga xeral. 1904 - No Teatro alla Scala de Milán, Puccini estrea Madame Butterfly. 1908 - Estalan dúas bombas en Barcelona ante a sede do periódico El Progreso.... sobre la violencia política en España, 1900-1950, J. Romero Maura . 1912 - Aparece o primeiro número da publicación periódica lugesa Heraldo de Vivero. 1912 - Suspéndense en España as sesións das Cámaras con motivo do entroido. 1934 - Engelbert Dollfuss, chanceler austríaco, sobrevive a un atentado nazi. Morrería noutro o 25 de xullo do mesmo ano.[ 1935 - Instáurase en Alemaña a xornada laboral de 8 horas. 1949 - Son fusilados en Barcelona catro membros do Partit Socialista Unificat de Catalunya. 1958 - O papa Pío XII declara a Santa Clara de Asís (1193~1253) patroa da televisión. 1962 - Unha tempestade mata a máis de 300 persoas en Hamburgo, Alemaña Occidental. 1968 - Abre en Springfield, Massachusetts, o James Naismith Memorial Basketball Hall of Fame. 1968 - Autorízase o ensino da lingua éuscara nas escolas públicas de Donostia. 1975 - Publícase High Voltage, o primeiro elepé do grupo de hard rock AC/DC. 1979 - China invade o territorio vietnamita e ocupa varios postos fronteirizos. 1981 - Amnistía Internacional afirma que o goberno de Guatemala é responsable de máis de 30 000 mortos nos últimos 10 meses. 1989 - Conclúe o segundo cume magrebí en Marrakech, cun pacto defensivo e o nacemento da Unión do Magreb Árabe. 1996 - En Filadelfia, Pensilvania, o campión do mundo de xadrez Garri Kasparov vence á supercomputadora IBM Deep Blue. 1997 - Modesto Rico Pasarín, un policía de 33 anos, morre asasinado por ETA mediante unha bomba colocada no seu coche.Hemeroteca do ABC de 18 de febreiro de 1997 . 1998 - Mariano Barbacid regresa a España, logo de 24 anos, para dirixir o novo Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas. 1998 - O pleno do Congreso español aproba por unanimidade a supresión das penas de cárcere para os insubmisos. 2000 - Windows 2000 sae ó mercado, sistema operativo da compañía Microsoft. 2005 - A Axencia Española do Medicamento aproba o uso do fármaco bortezomib, que consegue frear a progresión do mieloma. 2005 - Un novo regulamento reforza os dereitos dos pasaxeiros que viaxen en compañías aéreas da Unión Europea. 2006 - O IGEA organiza unhas xornadas sobre As seleccións deportivas autonómicas: unha visión galega en Oleiros. 2008 - Unilateralmente Kosovo declárase independente de Serbia.Encarta 2009 Biblioteca Premium DVD . 2008 - Dimitris Christofias e elixido presidente de Chipre, o único país da UE que te un goberno comunista elixido democraticamente. 2009 - Un avogado británico é condenado a catro anos de cárcere por recibir diñeiro para testificase favor de Silvio Berlusconi. 2012 - en Alemaña dimite o presidente Christian Wulff por mor duns escándalos de corrupción e tráfico de influencias.
Nacementos miniatura|dereita|100px|Gustavo Adolfo Bécquer. miniatura|dereita|100px|Michael Jordan. miniatura|dereita|100px|Denise Richards. miniatura|dereita|100px|Paris Hilton. 1490 - Carlos III de Borbón, duque de Borbón e Montpensier (m. 1527). 1653 - Arcangelo Corelli, violinista e compositor italiano do barroco (m. 1713). 1699 - Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff, arquitecto e pintor prusiano (m. 1753). 1754 - Nicolas Baudin, explorador francés (m. 1803). 1804 - Vicente Vázquez Queipo, nado en Samos, matemático e político galego (m. 1893). 1816 - Julián Pellón Rodríguez, mestre e político galego (m. 1878). 1817 - Guillerme III, monarca holandés (m. 1890). 1836 - Gustavo Adolfo Bécquer, escritor español (m. 1870). 1847 - Celedonio Osorio Lafuente, escritor e político galego (m. 1899). 1861 - Juan González Montenegro, xornalista e explorador galego. 1877 - Isabelle Eberhardt, exploradora e escritora suíza (m. 1904). 1877 - André Maginot, político francés (m. 1932). 1888 - Otto Stern, xermano-estadounidense, Premio Nobel de Física en 1943 (m. 1969). 1892 - Yosyf Slipyi, eclesiástico grecocatólico, Arcebispo Maior de Lviv (m. 1984). 1909 - Arturo Michelini, fascista italiano (m. 1969). 1914 - Arthur Kennedy, actor estadounidense (m. 1990).The Internet Movie Database.com . 1916 - Raf Vallone, actor italiano (m. 2002). 1917 - Guillermo González Camarena, inventor da televisión a cores (m. 1965). 1919 - Kathleen Freeman, actriz estadounidense (m. 2001). 1923 - John Marco Allegro, filólogo inglés. 1925 - Hal Holbrook, actor estadounidense. 1927 - Norberto Centeno, avogado laboralista arxentino (m. asesinado en 1977). 1927 - Juan Almeida Bosque, revolucionario, político e compositor cubano (m. 2009).El Pais, Fallece el vicepresidente cubano Juan Almeida Bosque . 1934 - Alan Bates, actor británico (m. 2003). 1935 - Máximo Cajal, diplomático español. 1935 - Christina Pickles, actriz inglesa. 1936 - Xosé Luís Franco Grande, escritor e avogado galego. 1940 - Vicente Fernández Gómez, cantautor mexicano. 1940 - Servando Pérez Barreiro, catedrático de inglés nado en Cuspedriños. 1942 - Huey P. Newton, activista político norteamericano (m. 1989). 1944 - Karl Jenkins, compositor e músico galés. 1946 - André Dussollier, actor francés. 1947 - Xulio Xiz, xornalista galego. 1948 - José José, cantante e actor mexicano. 1952 - Rosa Delia Blanco, política española. 1953 - Eudald Carbonell, arqueólogo español. 1954 - María Astrid de Luxemburgo, arquiduquesa de Austria. 1954 - Rene Russo, actriz estadounidense. 1956 - Miguel González Aguiar, cociñeiro galego, Medalla de Bronce de Galicia. 1957 - Loreena McKennitt, cantante e intérprete canadense. 1958 - Francisco Orallo Cambeiro, farmacéutico e investigador galego (m. 2009). 1962 - Samuel Bayer, director de vídeos musicais estadounidense. 1962 - Lou Diamond Phillips, actor estadounidense. 1963 - Michael Jordan, baloncestista estadounidense. 1965 - Michael Bay, produtor, director e actor de cine estadounidense. 1966 - Quorthon, músico sueco, fundador de Bathory. 1969 - David Douillet, judoka francés. 1970 - Dominic Purcell, actor británico-australiano. 1971 - Carlos Gamarra, futbolista paraguaio. 1971 - SaRenna Lee, actriz porno estadounidense. 1971 - Denise Richards, actriz estadounidense. 1971 - Monica Roccaforte, actriz pornográfica húngara. 1972 - Billie Joe Armstrong, vocalista e guitarrista da banda Green Day. 1972 - Taylor Hawkins, batería da banda de rock Foo Fighters. 1972 - Valeria Mazza, modelo arxentina. 1972 - Nani Roma, piloto de rallis español. 1974 - Jerry O'Connell, actor estadounidense. 1976 - Kelly Carlson, actriz estadounidense. 1980 - Al Harrington, baloncestista estadounidense. 1980 - Jason Ritter, actor estadounidense. 1981 - Joseph Gordon-Levitt, actor estadounidense. 1981 - Paris Hilton, celebridade estadounidense. 1982 - Adriano Leite Ribeiro, futbolista brasileiro. 1986 - Joey O'Brien, futbolista irlandés. 1991 - Bonnie Wright, actriz inglesa. 1993 - Marc Márquez, piloto de motociclismo español.
Mortes miniatura|dereita|100px|Moliére. 364 - Xoviano, emperador romano durante oito meses (n. 332). 1600 - Giordano Bruno, filósofo e atrónomo, queimado vivo pola inquisición (n. 1549). 1673 - Molière, dramaturgo e actor de teatro francés (n. 1875).Enciclopedia Universal Micronet 2006 (castelán). 1680 - Jan Swammerdam, anatomista e zoólogo holandés (n. 1637). 1711 - José de Baquedano, mestre de capela da Catedral compostelá e compositor barroco. 1796 - James Macpherson, poeta escocés (n. 1736). 1827 - Johann Heinrich Pestalozzi, pedagogo reformador suízo (n. 1746). 1856 - Heinrich Heine, poeta romántico alemán (n. 1797). 1875 - Friedrich Argelander, astrónomo da antiga Prusia (n. 1799). 1905 - Gran Duque Sergio Alexandrovich Románov, gobernador de Moscova e tío do tsar Nicolao II, asasinado. 1915 - Francisco Giner de los Ríos, filósofo e pedagogo español (n. 1839). 1934 - Siegbert Tarrasch, xogador de xadrez alemán (n. 1862). 1934 - Alberte I de Bélxica, terceiro rei dos belgas (n. 1875). 1950 - Santiago Casares Quiroga, avogado e político galego (n. 1884). 1964 - Enrique Vidal de Bustamante, mestre e político galego (n. 1897) 1970 - Shmuel Yosef Agnon, israelí, Premio Nobel de Literatura en 1966 (n. 1888). 1980 - Graham Sutherland, pintor inglés (n. 1903). 1982 - Thelonious Monk, pianista e compositor de jazz estadounidense (n. 1917). 1988 - María Antonia Dans Boado, pintora galega (n. en Oza dos Ríos en 1922).El Pais, Fallece la pintora gallega María Antonia Dans . 1996 - Hervé Bazin, escritor francés (n. 1911). 2005 - Omar Sívori, futbolista italo-arxentino (n. 1935). 2006 - Ray Barretto, instrumentista de jazz estadounidense (n. 1929).
Festas e celebracións Día da independencia en Kosovo.
Outros
Santoral: San Constable, abade., San Alessio Falconieri.SantiBeati.it ., San Eutropio de Fregenal , bispo.Catholic.net, San Eutropio de Fregenal ., San Xulián de Capadocia, mártir.Hemeroteca, ABC, 17 de febreiro de 1967 ., San Marciano (segundo a Igrexa ortodoxa).
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Febreiro