O 20 de febreiro é o 51º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 314 días para finalizar o ano, 315 nos anos bisestos.
Acontecementos 1547: Eduardo VI é coroado rei de Inglaterra na Abadía de Westminster tras a morte do seu pai Henrique VIII de Inglaterra. 1909 - Filippo Tommaso Marinetti publica no xornal Le Figaro de París o Manifesto futurista (movemento de vangarda artística xurdido en Italia en 1909). 1962 - John Glenn é o primeiro norteamericano en dar a volta á Terra durante o voo de 5 horas do Mercury 6. 1983 - Lanzamento do observatorio espacial xaponés Tenma. 1993 - Lanzamento do observatorio espacial xaponés ASCA.
Nacementos miniatura|100px|Robert Altman. 1879 - Pedro Muñoz Seca, escritor e dramaturgo español. 1898 - Enzo Ferrari, construtor de automóbiles italiano, fundador da Ferrari (m. 1988). 1901 - Muhammad Naguib, presidente do Exipto (m. 1984). 1920 - Carmela Arias, empresaria galega e presidenta da Fundación Barrié (m. 2009) 1923 - Forbes Burnham, presidente da Güiana (m. 1985). 1925 - Robert Altman, cineasta norteamericano (m. 2006). 1926 - Alfonso Sastre, escritor español. 1927 - Sidney Poitier, actor norteamericano. 1937 - Robert Huber, químico alemán, Premio Nobel. 1951 - Gordon Brown, primeiro ministro británico. 1967 - Kurt Cobain, rockeiro (Nirvana) (m. 1994). 1982 - Lucía Aldao, poetisa e artista galega.
Mortes miniatura|150px|José Ramón Rodil. 1853 - José Ramón Rodil, militar e político galego (n. 1789). 1901 - Urbano Ferreiroa Millán, escritor galego (n. 1845). 1916 - Klas Pontus Arnoldson, pacifista sueco, Premio Nobel da Paz (n. 1844). 1933 - Takiji Kobayashi, escrito xaponés (n. 1903). 1935 - Ernesto Caballero Bellido, micrógrafo castelán (n. 1858). 1957 - Manuel Abelenda, pintor galego (n. 1889). 1966 - Antonio Rey Soto, sacerdote e escritor galego (n. 1879). 1968 - Manuel Roel Longueira, galeguista. 1972 - Maria Goeppert-Mayer, física alemá-estadounidense, Premio Nobel (n. 1906). 1976 - René Cassin, xuíz francés, Premio Nobel da Paz (n. 1887) 1984 - Paul Dirac, físico inglés, Premio Nobel de Física (n. 1902) 1994 - Burt Lancaster, actor norteamericano (n. 1913) 2003 - Maurice Blanchot, escritor e crítico literario francés. 2005 - Hunter S. Thompson, periodista. Creador do estilo chamado "periodismo gonzo" (n. 1937). 2013 - Jorge Peteiro, pintor galego (n. 1959).
Festas e celebracións Día Mundial da Xustiza Social Día Internacional da Pipa (ou Día Internacional de Fumar en Pipa) Día Internacional do Gato. Tamén se celebra os días 8 de agosto e 29 de outubro (en Estados Unidos).
Outros Santoral: Santo Euquerio.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Febreiro