O 22 de setembro é o 265º día do ano do calendario gregoriano e o 266º nos anos bisestos. Quedan 100 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1499 - En Suíza, o Tratado de Basilea declara ao país estado independente do Sacro Imperio Romano Xermánico. 1586 - na provincia de Güeldres (Países Baixos) —no marco da guerra dos Oitenta Anos— comeza a batalla de Zutphen en que os españois vencerán a ingleses e neerlandeses. 1829 - En Guayaquil (Ecuador) asínase o tratado de paz que fixa os límites entre Colombia e o Perú. 1868 - En Porto Rico estala un movemento insurreccional, que é reprimido polo exército español. 1908 - Bulgaria proclama a súa independencia do Imperio Otomán, do que dependía dende o século XIV. 1933 - Galiza é recoñecida como nación no IX Congreso das Minorías Nacionais de Europa, organizado pola Sociedade das Nacións, celebrado en Berna. 1936 - Executados en Santiago de Compostela os republicanos Manuel Tarrío Requejo, Maximino Martínez Pomar, Marcelino Pasín Noya, José Ramón Oubiña González, Manuel Boo López e Segundo González Davila.

1944 - O Exército Vermello entra en Tallín (Estonia) no marco da segunda guerra mundial.

1960 - Malí tórnase independente de Francia. 1994: en Estados Unidos estréase a serie televisiva Friends, a serie de comedia máis exitosa de todos os tempos.

Nacementos miniatura|100px|Paolo Ruffini 1515 - Ana de Cleves, cuarta esposa de Henrique VIII de Inglaterra (m. 1557). 1535 - Alessandro Allori, pintor italiano (m. 1607). 1741 - Peter Simon Pallas, médico, zoólogo e botánico alemán (m. 1811). 1765 - Paolo Ruffini, matemático e médico italiano (m. 1822). 1791 - Michael Faraday, químico e físico inglés (m. 1867). 1849 - César Cisneros Luces, xornalista e escritor galego (m. 1897). 1872 - Xesús San Luís Romero, escritor e político galego (m. 1966). 1877 - Francisco Javier Elola Díaz-Varela, xuíz e político galego (m. 1939). 1882 - Wilhelm Keitel, militar alemán (m. 1939). 1885 - Erich von Stroheim, actor e cineasta austríaco (m. 1957). 1895 - Paul Muni (Frederich Meshilem Meier Weisenfreund), actor estadounidense (m. 1967). 1901 - Charles B. Huggins, fisioloxista canadense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1966 (m. 1997). 1902 - John Houseman (Jacques Haussmann), actor e produtor estadounidense (m. 1988). 1907 - Maurice Blanchot, escritor e crítico literario francés (m. 2003). 1907 - Xesús Taboada Chivite, arqueólogo, historiador e etnógrafo galego (m. 1976). 1922 - Yang Chen Ning, físico chinés, Premio Nobel de Física en 1957. 1930 - Antonio Saura Atarés, pintor e escritor español (m. 1998). 1935 - Alfonso Sobrado Palomares, xornalista e escritor galego. 1936 - Sergio Vences Fernández, filósofo e escritor galego. 1939 - Arturo Lezcano Fernández, xornalista e escritor galego. 1949 - Cándido Conde-Pumpido Tourón, xuíz galego. 1949 - Jorge Verstrynge Rojas, profesor e político español. 1957 - Nick Cave, músico, escritor e actor australiano. 1958 - Andrea Bocelli, cantante de ópera italiano. 1966 - Albert Pla i Álvarez, cantautor catalán. 1967 - Xesús Vázquez Abad, político galego. 1976 - Ronaldo Luís Nazário de Lima, futbolista brasileiro.

Mortes miniatura|100px|Frederick Soddy 530 - Fiz III, papa da Igrexa católica 526-530 (n. 1510). 852 - Abd ar-Rahman II, emir de Córdoba (n. 792). 1520 - Selim I, sultán do Imperio Otomán 1512-1520 (n. 1465). 1554 - Francisco Vázquez de Coronado, conquistador español (n. 1510). 1607 - Alessandro Allori, pintor italiano (n. 1535). 1703 - Vincenzo Viviani, matemático e astrónomo italiano (n. 1622). 1774 - Clemente XIV, papa da Igrexa católica 1769-1774 (n. 1705). 1777 - John Bartram, botánico estadounidense (n. 1699). 1828 - Shaka ka Senzangakhona (Shaka Zulu), militar e rei zulú (n. c. 1787). 1904 - Alfredo Vilas Iglesias, avogado e político galego (n. 1854). 1932 - Amador Montenegro Saavedra, escritor e xornalista galego, fundador do semanario A Monteira (n. 1864). 1949 - Sam Wood, cineasta estadounidense (n. 1884). 1956 - Frederick Soddy, químico británico, Premio Nobel de Química en 1921 (n. 1877). 1960 - Melanie Klein, psicanalista austríaca (n. 1882). 1970 - Antonio Baltar Domínguez, médico e catedrático galego (n. 1906). 1980 - María Luz Morales, escritora, xornalista e tradutora galega (n. 1898) 1987 - Victoria Kent Siano, avogada e política española (n. 1898). 1988 - Emilio Álvarez Blázquez, escritor e editor galego (n. 1919). 1990 - Roman Vishniac, fotógrafo ruso-estadounidense (n. 1897). 1991 - Tino Casal (José Celestino Casal Álvarez), cantante e compositor español (n. 1950). 1999 - George C. Scott actor e cineasta estadounidense (n. 1927). 2002 - Jan de Hartog, escritor holandés. 2007 - Marcel Marceau, mimo francés (n. 1923). 2011 - Aristides Pereira, político de Cabo Verde (n. 1923). 2013 - Ernesto Viéitez Cortizo, científico e político galego (n. 1921). 2013 - Álvaro Mutis, escritor colombiano (n. 1923).

2026 - José Viale Moutinho, xornalista e escritor portugués (n. 1945).

Festas e celebracións Día Mundial sen Coches . Día Internacional do Mimo.A data corresponde á data da morte do actor francés Marcel Marceau, creador do personaxe Bip, arquetipo do teatro mimo.

Outros Santoral: San Mauricio.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Setembro