O 24 de setembro é o 267º día do ano do calendario gregoriano e o 268º nos anos bisestos. Quedan 98 días para finalizar o ano.

Acontecementos miniatura|250px|Curros perante a tumba de Rosalía, 24/9/1904. 1493 - Parte a segunda expedición de Cristovo Colón ó Novo Mundo 1810: na Igrexa Maior de San Pedro e San Paulo (en San Fernando, Cádiz) xúranse as Cortes de Cádiz. 1904 - Manuel Curros Enríquez visita a tumba de Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval, no Panteón de Galegos Ilustres. 1973 - Guinea-Bissau declara a súa independencia de Portugal.

Nacementos miniatura|100px|Francis Scott Fitzgerald 15 - Vitelio, emperador romano (m. 69). 1501 - Gerolamo Cardano, médico, matemático e astrólogo italiano (m. 1576). 1625 - Johan de Witt, político neerlandés (m. 1672). 1709 - John Cleland, novelista británico (m. 1789). 1717 - Horace Walpole, político, escritor e arquitecto británico (m. 1797). 1796 - Antoine-Louis Barye, escultor francés (m. 1875). 1838 - Salvador Parga Torreiro, avogado e político galego (m. 1901). 1870 - Georges Claude, químico e físico francés (m. 1960). 1894 - Francisco López de Goicoechea Inchaurrandieta, político español (m. 1973). 1896 - Francis Scott Fitzgerald, novelista estadounidense (m. 1940). 1898 - Howard Walter Florey, farmacólogo e patólogo australiano, Premio Nobel de Medicina en 1945 (m. 1968). 1902 - Ruhollah Khomeini, relixioso e político iraniano (m. 1989). 1903 - Lino Novás Calvo, xornalista e escritor galego-cubano (m. 1983). 1905 - Severo Ochoa de Albornoz, bioquímico español, Premio Nobel de Medicina en 1959 (m. 1993). 1930 - José María Pardo Montero, avogado e político galego. 1933 - Ramón García Fontenla, xornalista e escritor galego. 1934 - John Brunner, escritor británico (m. 1995). 1943 - Antonio Tabucchi, escritor italiano (m. 2012). 1950 - Vicente Araguas Álvarez, músico e escritor galego. 1951 - Pedro Almodóvar Caballero, cineasta español. 1958 - Elena Ochoa (Elena Fernández Ferreiro López de Ochoa), psicóloga e xornalista galega. 1959 - Ana Mato Adrover, política española. 1964 - Ainhoa Arteta Ibarrolaburu, soprano española.

Mortes miniatura|100px|Niels Ryberg Finsen miniatura|100px|Amado Garra 768 - Liberio I, papa da Igrexa católica (n. ?). 768 - Pipino o Breve, rei dos francos (n. c. 715). 1054 - Hermann de Reichenau, músico, matemático e astrónomo (n. 1013 ). 1180 - Manuel I Comneno, emperador bizantino (n. 1118). 1230 - Afonso IX, rei de León e Galicia (n. 1171). 1834 - Pedro IV, rei de Portugal e do Brasil, como Pedro I, (n. 1798). 1852 - Francisco Javier Castaños, militar e político español (n. 1758). 1904 - Niels Ryberg Finsen, médico e científico dinamarqués, Premio Nobel de Medicina en 1903 (n. 1860). 1920 - Peter Carl Fabergé, xoieiro ruso (n. 1846). 1936 - José Villaverde Velo, tallista e sindicalista galego (n. 1864). 1936 - Agustín Jorge Etcheverri, médico e político galego (n. 1902). 1936 - Lorenzo Corbacho Rodal, sindicalista e político galego (n. 1891). 1936 - Víctor Sánchez Mártil, mestre e político estremeño (n. 1898). 1948 - Amado Garra Castellanzuelo, avogado e político galego (n. 1873). 1977 - Sebastián Martínez-Risco Macías, xuíz e escritor galego (n. 1899). 1993 - Bruno Pontecorvo, físico italiano (n. 1913). 1998 - Pedro de Llano López, xornalista e escritor galego (n. 1919). 2004 - Françoise Sagan, escritora francesa. 2010 - Ana Kiro (María Dolores Casanova González), cantante galega (n. 1942)

Festas e celebracións Romaría da Saínza en Rairiz de Veiga.

Outros Santoral: San Pedro Nolasco.

Os 366 días do ano

Categoría:Setembro