O 28 de setembro é o 271º día do ano do calendario gregoriano e o 272º nos anos bisestos. Quedan 94 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1868 - A batalla de Alcolea provoca que a raíña Isabel II de España teña que fuxir a Francia. 1928 - O bacteriólogo escocés Alexander Fleming descobre a Penicilina. 1954 - A ONU aproba en Nova York a Convención sobre o Estatuto dos Apátridas que entra en vigor o 6 de xuño de 1960. 1963 - Lanzamento do satélite artificial estadounidense Transit 5E1.

Nacementos miniatura|100px|Manuel Casado Nieto 1571 - Michelangelo Merisi da Caravaggio, pintor italiano (m. 1610). 1803 - Prosper Mérimée, escritor, arqueólogo e historiador francés (m. 1870). 1819 - Narcís Monturiol i Estarriol, enxeñeiro, intelectual e inventor catalán (m. 1885). 1832 - Víctor López Seoane, naturalista galego (m. 1900). 1904 - Marcelino García Villar, político galego (m. 1970). 1912 - Manuel Casado Nieto, escritor e fiscal galego (m. 1983). 1924 - Marcello Mastroianni, actor italiano (m. 1996). 1932 - Víctor Jara (Víctor Lidio Jara Martínez), director de teatro, músico e cantautor chileno (n. 1973). 1934 - Brigitte Bardot, modelo e actriz francesa (m. 2025). 1940 - Helena Villar Janeiro, escritora galega. 1944 - Xesús Ferro Ruibal, teólogo, latinista e escritor galego. 1952 - Antón Costa Rico, pedagogo galego. 1959 - Gerardo Conde Roa, político galego. 1972 - Gwyneth Paltrow, actriz estadounidense.

Mortes -48 - Cneo Pompeio Magno, político e xeneral romano (n. -106). 935 - Venceslau I, duque de Bohemia e santo da Igrexa católica (n. c. 907). 1891 - Herman Melville, novelista estadounidense (n. 1819). 1895 - Louis Pasteur, químico e microbiólogo francés (n. 1822). 1903 - Jesús de Monasterio y Agüeros, violinista, compositor e pedagogo español (n. 1836). 1927 - Willem Einthoven, médico neerlandés, Premio Nobel de Medicina en 1924 (n. 1860). 1934 - Joaquín Poza Juncal, avogado, xornalista e político galego (n. 1899). 1942 - Juan Fernández Merino, xornalista e escritor galego. 1966 - André Breton, poeta e escritor francés (n. 1896). 1970 - Gamal Abdel Nasser, político exipcio, presidente de Exipto 1956-1970 (n. 1918). 1970 - John Dos Passos, novelista e xornalista estadounidense (n. 1896).

1975 - Nieves Fariza, mestra e sindicalista galega (n. 1911).

1978 - Xoán Paulo I, papa da Igrexa católica (n. 1912).

1981 - Rómulo Betancourt Bello, político e xornalista venezolano, presidente de Venezuela (n. 1908). 1989 - Ferdinand Marcos, militar e político filipino, presidente e ditador de Filipinas (n. 1917). 1991 - Miles Davis, músico de jazz estadounidense (n. 1926). 2003 - Elia Kazan (Elias Kazanjoglou), director de cine e escritor estadounidense (n. 1909). 2010 - Arthur Penn, director de cine e teatro estadounidense (n. 1922). 2016 - Shimon Peres, político israelí (n. 1923).

Festas e celebracións Día Mundial contra a Rabia (o 28 de setembro de 1895 morreu Louis Pasteur, descubridor da vacina contra a rabia) Día Mundial das Noticias

Outros Santoral: San Venceslau, San Xudas Tadeu, San Simón.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Setembro