O 29 de setembro é o 272º día do ano do calendario gregoriano e o 273º nos anos bisestos. Quedan 93 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1833 - Comeza o reinado en España da raíña Isabel II de España. 1939 - Polonia é dividida entre a Alemaña Nazi e a Unión Soviética 1962 - Lanzamento do primeiro satélite artificial canadense, Alouette 1. 2010 - Folga xeral en España contra a reforma laboral e a reforma das pensións adoptadas polo goberno de Zapatero.
Nacementos -106 - Cneo Pompeio Magno, cónsul romano (m. -48). 1511 - Miguel Servet, médico español, descubridor da circulación pulmonar do sangue (m. 1553). 1518 - Tintoretto, pintor italiano (m. 1594). 1547 - Miguel de Cervantes Saavedra, escritor español, autor de Don Quixote da Mancha (m. 1616). 1758 - Horatio Nelson, almirante británico (m. 1805). 1571 - Caravaggio, pintor italiano (m. 1610). 1703 - François Boucher, pintor francés (m. 1770). 1810 - Elizabeth Gaskell, escritora inglesa (m. 1865) 1815 - Andreas Achenbach, pintor alemán (m. 1910). 1864 - Miguel de Unamuno, escritor e filósofo vasco (m. 1936). 1838 - Indalecio Armesto Cobián, escritor, xornalista, filósofo e político galego (m. 1890). 1897 - José María Silva Fernández, fotógrafo galego (m. 2000) 1900 - Miguel Alemán Valdés, avogado e político mexicano, presidente de México (m. 1983). 1900 - Xosé Trapero Pardo, escritor e xornalista galego (m. 1995). 1901 - Enrico Fermi, físico italiano, Premio Nobel de Física, en 1938 (m. 1954). 1912 - Michelangelo Antonioni, cineasta, escritor e pintor italiano (m. 2007). 1913 - Miguel Fisac Serna, arquitecto, urbanista e pintor español (m. 2006). 1913 - Stanley Kramer, director de cinema estadounidense (m. 2001). 1913 - Mario de Langullo, guerrilleiro antifranquista galego (m. 1986). 1916 - Antonio Buero Vallejo, dramaturgo español (m. 2000). 1920 - Peter D. Mitchell, bioquímico británico, Premio Nobel de Química en 1978 (m. 1992). 1927 - Adhemar da Silva, atleta brasileiro (m. 2001]). 1931 - James Cronin, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1980. 1931 - Anita Ekberg, actriz e modelo sueca (m. 2015). 1935 - Jerry Lee Lewis, músico e cantante de rock and roll estadounidense. 1936 - Xosé Cribeiro Rodríguez, escritor galego (m. 1995). 1936 - Silvio Berlusconi, empresario e político italiano. 1942 - Felice Gimondi, ciclista italiano, gañador das tres Grandes Voltas. 1943 - Lech Walesa, sindicalista e político polonés, presidente de Polonia, Premio Nobel da Paz en 1983. 1943 - Iván Zulueta, (Juan Ricardo Miguel Zulueta Vergarajauregui) deseñador e cineasta español (m. 2009). 1946 - Jeff Wall, fotógrafo canadense. 1948 - Theo Jörgensmann, clarinetista alemán de jazz. 1949 - Miguel Gallardo (José Miguel Gallardo Vera), músico e cantante español (m. 2005). 1956 - Sebastian Coe, atleta británico, Premio Príncipe de Asturias dos Deportes en 1988. 1958 - Manuel Balboa Rodríguez, compositor galego (m. 2004). 1962 - Miguel Anxo Seixas Seoane, historiador galego. 1965 - Boris Izaguirre (Boris Rodolfo Izaguirre Lobo), periodista e escritor venezolano. 1967 - Miki Nadal (Miguel Nadal Furriel), actor español. 1969 - Erika Eleniak, actriz estadounidense. 1969 - Aleks Syntek (Raúl Alejandro Escajadillo Peña) músico e cantante mexicano. 1982 - Virginia Maestro, cantautora española. 1985 - Dani Pedrosa (Daniel Pedrosa Ramal), piloto de motociclismo español. 1988 - Kevin Durant, xogador de baloncesto estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Émile Zola 1560 - Gustavo I, rei de Suecia (n. 1496). 1833 - Fernando VII, rei de España (n. 1784). 1899 - Máximo Leyes Posse, político, xornalista e escritor galego (n. 1855). 1902 - Émile Zola, escritor francés (n. 1840). 1908 - Joaquim Maria Machado de Assis, escritor brasileiro (n. 1839). 1910 - Winslow Homer, pintor estadounidense (n. 1836). 1925 - Léon Bourgeois, político francés, Premio Nobel da Paz en 1920 (n. 1851). 1951 - Alfredo Somoza Gutiérrez, político galego (n. 1892). 1956 - Anastasio Somoza García, político e militar nicaraguano, presidente de Nicaragua (n. 1896). 1967 - Carson McCullers, escritora estadounidense (n. 1917). 1973 - W. H. Auden, poeta británico (n. 1907). 1979 - Francisco Macías Nguema, político guineano, primeiro presidente de Guinea Ecuatorial (n. 1924) 1996 - Shusaku Endo, escritor xaponés (n. 1923) 2010 - Georges Charpak, físico francés, Premio Nobel de Física en 1992 (n. 1924). 2010 - Tony Curtis (Bernard Schwartz), actor estadounidense (n. 1925). 2010 - Eduardo Manchón Molina, futbolista español (n. 1930).
Festas e celebracións Romaría na igrexa de San Miguel de Breamo, Pontedeume. Día Mundial do CorazónAbout World Heart Day , na web de World Heart Federation . Día Internacional contra o Desperdicio de Alimentos
Santoral San Miguel, San Gabriel e San Rafael.
Notas
Outros Os 366 días do ano
Categoría:Setembro