O 23 de setembro é o 266º día do ano do calendario gregoriano e o 267º nos anos bisestos. Quedan 99 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1846 - John Couch Adams e Urbain Le Verrier descobren o planeta Neptuno. 1889 - No Xapón fúndase a fábrica de naipes Nintendo (que no futuro desenvolverá videoxogos). 1973 - Juan Domingo Perón é elixido presidente da Arxentina co 62% dos votos. 1991 - Armenia independizase da Unión Soviética.

Nacementos miniatura|100px|Julio Iglesias miniatura|100px|Bruce Springsteen -63 - Octavio Augusto, primeiro emperador romano (m. 14). 1215 - Khublai Khan, emperador mongol (m. 1294). 1713 - Fernando VI, rei de España 1746-1759 (m. 1759). 1803 - Prosper Mérimée, escritor francés (m. 1870). 1883 - Grigori Zinoviev, político ruso (m. 1936). 1866 - Rafael Gasset Chinchilla, avogado, xornalista e político español (m. 1927). 1893 - Carles Riba i Bracons, escritor, poeta e tradutor catalán (m. 1959). 1895 - Joaquín Loriga Taboada, aviador militar galego (m. 1927). 1901 - Jaroslav Seifert, poeta e xornalista checo, Premio Nobel de Literatura en 1984 (m. 1986). 1907 - Pauline Réage (Anne Desclos), escritora francesa (m. 1998). 1914 - Celestino Fernández de la Vega, escritor galego (m. 1986). 1915 - Clifford Shull, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1994 (m. 2001). 1916 - Aldo Moro, xurista e político italiano, primeiro ministro de Italia 1963-1968 e 1974-1976 (m. 1978). 1920 - Mickey Rooney (Joseph Yule), actor estadounidense (m 2014). 1926 - John Coltrane, saxofonista e compositor estadounidense (m 1967). 1930 - Ray Charles (Ray Charles Robinson), pianista e cantante estadounidense (m. 2004). 1936 - Valentín Paniagua Corazao, avogado e político peruano, presidente do Perú 2000-2001. 1938 - Manuel Calvo Pumpido, empresario galego (m. 2007). 1938 - Romy Schneider, actriz austríaca (m. 1982). 1941 - Juan José Moralejo Álvarez, filólogo galego (m. 2012). 1943 - Julio Iglesias (Julio José Iglesias de la Cueva), cantante español. 1949 - Enrique Castro González, "Quini", futbolista internacional español. 1949 - Bruce Springsteen, cantante e músico estadounidense. 1956 - Paolo Rossi, futbolista internacional italiano. 1959 - Fernando Romay Pereiro, xogador de baloncesto galego. 1960 - Luís Moya (Luís Rodríguez Moya), piloto de automobilismo galego. 1963 - Manuel Núñez Singala, escritor galego. 1963 - Alex Proyas, cineasta australiano. 1985 - Maki Goto, cantante xaponesa.

Mortes miniatura|100px|Sigmund Freud miniatura|100px|Pablo Neruda 1241 - Snorri Sturluson, xurista, poeta, historiador e escritor islandés (n. c. 1179). 1773 - Johan Ernst Gunnerus, naturalista e bispo noruegués (n. 1718). 1828 - Richard Parkes Bonington, pintor británico (n. 1802). 1835 - Vincenzo Bellini, compositor italiano (n. 1801). 1870 - Valeriano Domínguez Bécquer, pintor español (n. 1870). 1870 - Prosper Mérimée, dramaturgo, escritor, arqueólogo e historiador francés (n. 1803). 1875 - Leoncio Rubín de Celis, militar e político galego (n. 1810). 1877 - Urbain Le Verrier, matemático francés (n. 1811). 1882 - Friedrich Wöhler, químico alemán (n. 1800). 1885 - Carl Spitzweg, pintor alemán (n. 1808). 1896 - Ivar Andreas Aasen, filólogo noruegués (n. 1813). 1900 - Arsenio Martínez-Campos Antón, militar e político español (n. 1831). 1909 - Xoán Neira Cancela, militar, escritor e xornalista galego (n. 1849). 1929 - Richard Adolf Zsigmondy, químico austríaco-alemán, Premio Nobel de Química en 1925 (n. 1865). 1939 - Sigmund Freud, médico neurólogo austríaco (n. 1856). 1957 - Salvador Etcheverría Brañas, avogado e diplomático galego (n. 1894). 1973 - Pablo Neruda (Neftalí Ricardo Reyes Basoalto), poeta chileno, Premio Nobel de Literatura en 1971. 1973 - Alexander Sutherland Neill, pedagogo escocés (n. 1883). 1979 - Antonio Gómez Carneiro, político galego (n. 1899). 1987 - Bob Fosse, actor, bailarín, coreógrafo e director de cinema e de teatro estadounidense (n. 1927). 1994 - Robert Bloch, escritor estadounidense (n. 1917). 1997 - Belén Feliú, escritora galega (n. 1961). 2010 - Dora Vázquez Iglesias, escritora galega (n. 1913). 2011 - José Niza (José Manuel Niza Antunes Mendes), compositor e político portugués (n. 1938). 2013 - António Ramos Rosa, poeta portugués (n. 1924). 2018 - Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, investigadora rosaliana.

Festas e celebracións Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Meniñas e Meniños. Día da Visibilidade Bisexual Día Internacional das Linguas de Sinais Día do Mexillón de Galicia

Outros Santoral: San Lino.

Os 366 días do ano

Categoría:Setembro