O 19 de setembro é o 262º día do ano do calendario gregoriano e o 263º nos anos bisestos. Quedan 103 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1517 - Carlos I de España, procedente de Flandres, pisa terra española por vez primeira no porto asturiano de Tazones. 1580 - En Alxer, o escritor español Miguel de Cervantes Saavedra é liberado do seu cativerio. 1893 - En Nova Zelandia a Electoral Act of 1893 (Lei electoral de 1893) concede ás mulleres o dereito de voto. 1955 - Na Arxentina é deposto Juan Domingo Perón. 1982 - En Pittsburgh (Estados Unidos), Scott Fahlman crea as primeiras emoticonas na Universidade Carnegie Mellon: :-) e :-(. 1983 - O territorio de San Cristobo e Nevis alcanza a independencia.
Nacementos miniatura|100px|William Golding 86 - Antonino Pío, emperador romano 138-161 (m. 912). 866 - León VI, emperador bizantino 138-161 (m. 161). 1772 - Vicente López Portaña, pintor español (m. 1850). 1819 - Eduardo Ruiz Pons, avogado e político galego (m. 1865). 1851 - Jenaro de la Fuente Domínguez, enxeñeiro militar e arquitecto español (m. 1922). 1853 - Miguel II de Bragança (m. 1927). 1901 - Ludwig von Bertalanffy, biólogo austríaco (m. 1972). 1908 - Mika Waltari, escritor finlandés (m. 1979). 1909 - Ferdinand Porsche, construtor automobilístico (m. 1998). 1911 - William Golding, escritor británico, premio Nobel de Literatura en 1983 (m. 1993). 1921 - Paulo Freire, pedagogo brasileiro (m. 1997). 1922 - Emil Zátopek, atleta checo (m. 2000). 1922 - Damon Knight, escritor estadounidense (m. 2002). 1926 - Masatoshi Koshiba, físico xaponés, Premio Nobel de Física en 2002. 1932 - Antonio García Patiño, pintor e escultor galego (m. 2010). 1948 - Jeremy Irons, actor británico. 1940 - Twiggy (Leslie Lawson), modelo, actriz e cantante británica. 1971 - Alfonso Reyes Cabanas, baloncestista internacional español. 1979 - Ledicia Costas, escritora galega.
Mortes miniatura|100px|Jean-Antoine de Baïf miniatura|150px|José Antonio Labordeta 1356 - Pedro I, segundo duque de Borbón (n. 1311). 1589 - Jean-Antoine de Baïf, poeta francés (n. 1532). 1710 - Ole Rømer, astrónomo dinamarqués (n. 1644). 1761 - Pieter van Musschenbroek, médico, astrónomo, matemático e físico neerlandés (n. 1692). 1843 - Gustave Gaspard de Coriolis, matemático e enxeñeiro francés (n. 1792). 1881 - James Abram Garfield, avogado, militar e político estadounidense, presidente dos Estados Unidos en 1881 (n. 1831). 1886 - Charles Barbara, escritor francés (n. 1817). 1888 - Vicente Calderón Oreiro, político galego (n. 1821). 1935 - Konstantin Tsiolkovskii, científico ruso (n. 1857). 1936 - Luís Tato Vento, político socialista galego (n. 1907). 1938 - Pablo Pérez Costanti, arquiveiro e escritor galego (n. 1857). 1958 - Rudolph Rocker, historiador e pensador alemán (n. 1873 ). 1978 - Étienne Gilson, filósofo e medievalista francés (n. 1884). 1985 - Italo Calvino, escritor italiano (n. 1923). 1994 - Alberto Closas, actor español. 2010 - José Antonio Labordeta, cantautor e político aragonés (n. 1935).
Festas e celebracións
Outros Santoral: Santa Fausta. Santa Susana. San Xenaro.
Os 366 días do ano
Categoría:Setembro