O 21 de febreiro é o 52º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 313 días para finalizar o ano, 314 nos anos bisestos.

Acontecementos 1431 - Os ingleses inician o xuízo contra a heroína, militar e santa francesa Xoana de Arco. 1820 - A cidade da Coruña sublévase en apoio do alzamento liberal de Rafael del Riego. 1848 - Primeira publicación do Manifesto Comunista de Karl Marx e Friedrich Engels. 1981 - Lanzamento do observatorio espacial Hinotori. 2006 - Lanzamento do observatorio espacial Akari.

Nacementos miniatura|100px|Anaïs Nin. 1794 - Antonio López de Santa Anna, presidente de México (m. 1876). 1844 - Charles-Marie Widor, compositor francés (m. 1937). 1893 - Andrés Segovia, músico español (m. 1987). 1895 - Carl Peter Henrik Dam, bioquímico dinamarqués, Premio Nobel (m. 1976). 1903 - Anaïs Nin, escritora francesa (m. 1977). 1903 - Raymond Queneau, escritor francés (m. 1976). 1907 - W. H. Auden, poeta inglés (m. 1973). 1921 - John Rawls, filósofo norteamericano (m. 2002). 1921 - Blanca Jiménez Alonso, presidenta de honra da Fundación Penzol e conselleira da editorial Galaxia (m. 2012) 1924 - Robert Mugabe, presidente de Cimbabwe. 1934 - Rue McClanahan, actriz estadounidense (m. 2010). 1934 - Claudio San Martín, empresario galego (m. 1988). 1958 - Arturo Casas, teórico da literatura, poeta, tradutor e ensaísta galego. 1958 - Vicente Peña Saavedra, pedagogo galego. 1962 - Chuck Palahniuk, escritor e xornalista estadounidense. 1980 - Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, monarca de Bután.

Mortes miniatura|100px|Baruch de Spinoza. 1677 - Baruch de Spinoza, filósofo holandés (n. 1632). 1900 - Alfredo Brañas, político e economista galego. 1926 - Heike Kamerlingh Onnes, físico holandés, Premio Nobel de Física (n. 1853). 1928 - Servando Gerpe Calvo, xornalista galego. 1931 - Elvira Novo García,mestra e activista cultural galega. 1934 - Augusto César Sandino, revolucionario nicaraguano (n. 1895). 1935 - Xosé Eiroa, escultor galego (n. 1892) 1946 - Manuel Castro Rodríguez, militar e guerrilleiro antifranquista galego (fusilado). 1964 - Luis Martín-Santos, escritor en lingua castelá (n. 1924). 1965 - Malcolm X, líder do nacionalismo negro estadounidense é asasinado en Nova York (n. 1925). 1988 - Francisco Vázquez Díaz, escultor galego (n. 1898). 2005 - Guillermo Cabrera Infante, escritor cubano (n. 1929). 2007 - Idoia Rodríguez Buján, militar galega, primeira e única muller das forzas armadas españolas falecida en misións internacionais (n. 1983).

Festas e celebracións Día Internacional da Lingua Materna Día Internacional do Guía de Turismo

Outros

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Febreiro