O 19 de febreiro é o 50º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 315 días para finalizar o ano, 316 nos anos bisestos.
Acontecementos 1120 - Bula do papa Calisto II que recoñece á igrexa compostelá o título de Metropolitana da Antiga Lusitania. 1493 - A armada portuguesa intenta apresar nas illas Azores a Cristovo Colón na súa viaxe de regreso, para evitar que divulgue a outra ruta cara ás Indias que cre descubrir.Anuario/Efemérides, Enciclopedia Universal Micronet en DVD 1995-2006 . 1836: en España, Juan Álvarez Mendizábal decreta a venda de todos os bens das extintas ordes relixiosas, dentro do proceso desamortizador. 1941 - Na provincia de Pontevedra, un furacán abate unhas 150 000 árbores e destrúe as torres de máis de 300 igrexas. 1978 - O Pazo de Meirás, residencia de verán da familia do ditador Francisco Franco, é destruído por un incendio. 1981 - ETA secuestra aos cónsules honorarios de Austria e O Salvador en Bilbao, e ao do Uruguai en Barcelona. 1985 - Un Boeing 727 estrélase en Bilbao ao chocar coa antena de comunicacións do monte Oiz causando a morte dos 148 ocupantes da nave.
Nacementos miniatura|100px|Nicolao Copérnico. 1473 - Nicolao Copérnico, astrónomo polaco (m. 1543). 1743 - Luigi Boccherini, compositor italiano (m. 1805). 1816 - Manuel Reinante Cancio, cartógrafo galego (m. 1909). 1821 - August Schleicher, lingüista alemán (m. 1868). 1833 - Élie Ducommun, escritor e editor suízo, Premio Nobel da Paz 1902 (m. 1906). 1861 - Gabino Bugallal, político galego (m. 1932). 1876 - Constantin Brâncuşi, escultor romanés (m. 1957). 1879 - Ángel Cabrera Latorre, zoólogo e paleontólogo español dedicado á taxonomía dos mamíferos (m. 1960) 1896 - André Breton, poeta francés (m. 1966). 1900 - Karapet Amatowni, bispo católico armenio (m. 1984). 1914 - Xosé María Díaz Castro, poeta galego. 1917 - Carson McCullers, escritora estadounidense (m. 1967). 1920 - Jürgen von Beckerath, exiptólogo alemán. 1939 - Alfredo Bryce Echenique, escritor peruano (m. 2026). 1940 - Separmurat Niyazov, presidente de Turkmenistán de 1990 a 2006†. 1941 - David Gross, físico norteamericano. Recibiu xunto con Wilczek e Politzer o Nobel de Física 2004. 1947 - Xulio Calviño, profesor e escritor galego. 1948 - María Teresa Miras Portugal, científica e catedrática galega, presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia (m. 2021).
1954 - Sócrates, futbolista brasileiro. 1956 - Roderick MacKinnon, bioquímico estadounidense, Premio Nobel de Química en 2003.
1962 - Juan Miguel Alonso, ex xogador profesional de baloncesto vasco. 1969 - Benicio del Toro, actor e produtor portorriqueño. 1969 - Marlon Maxey, ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. 1977 - Luis Piedrahita, monologuista e presentador de televisión galego.
Mortes miniatura|100px|Ernst Mach. 1913 - Dolors Aleu Riera, médica catalá (n. 1857). Foi a primeira muller licenciada en medicina en España, en 1882. 1916 - Ernst Mach, físico e filósofo austríaco (n. 1838). 1937 - Horacio Quiroga, contista, dramaturgo e poeta uruguaio-arxentino (n. 1878). 1938 - Leopoldo Lugones, escritor arxentino (n. 1874) 1940 - Xerardo Álvarez Limeses, escritor galego (n. 1871). 1949 - Higinio Cambeses, director de banda e compositor galego (n. 1900). 1951 - André Gide, escritor francés, Premio Nobel de Literatura en 1947 (n. 1869).
1952 - Knut Hamsun, escritor noruegués, Premio Nobel de Literatura en 1920 (n. 1859). 1986 - André Leroi-Gourhan, prehistoriador francés (n. 1911). 1992 - Eduardo Barreiros, empresario español (n. 1919). 1993 - Teresa Alonso Parada, pianista e musicóloga galega (n. 1912). 2001 - Stanley Kramer, cineasta estadounidense (n. 1913).
2003 - Francisco Taxes, dramaturgo galego (n. 1942). 2011 - Florinda Chico, actriz española (n. 1926). 2016 - Umberto Eco, semiólogo, mestre e escritor italiano (n. 1932).
Festas e celebracións Día Mundial da Xustiza Social
Outros Santoral: Santos Álvaro e Gabino.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Os 366 días do ano
Categoría:Febreiro