miniatura|Estatua romana dunha nena xogando á chuca. A chuca ou xogo dos pelouros é un xogo popular galego, común tamén noutras moitas partes e que se coñece desde a antigüidade. Tradicionalmente utilizábanse astrágalos de cordeiro (ósos dos xeonllos precursores dos dados pola súa forma) e unha pelota. Xógase cunha soa man e poden xogar unha ou varias persoas.

Características Na comarca de Ferrol, este xogo practícase da seguinte maneira: bótanse os ósos no chan, dise "a primeira" e bótase a pelota. Mentres a pelota está no aire hai que cambiar de posición os astrágalos que están mal e coller os que estean ben, as que che dea tempo, e colle-la pelota antes de que toque o chan, e cando o participante colle a pelota daquela tócalle ó seguinte. Os ósos que se consideran bos son os que están na posición primeira, e ao se coller todos, derrúbanse de novo, e faise o mesmo con outra posición (posición segunda, terceira e cuarta).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xogos populares de Galicia