Ping é unha utilidade de rede de computadores que permite comprobar as conexións entre varios hosts nunha rede IP. Está dispoñible nunha gran variedade de sistemas operativos, entre os que se inclúen a meirande parte do software integrado de xestión de redes.
Ping mide o tempo de ida e volta das mensaxes enviadas dende o host de orixe ao ordenador de destino, que se devolven de novo á orixe. O nome provén da terminoloxía do sonar activo, que envía un pulso de son e escoita o seu eco para detectar obxectos submarinos. O comando ping emprega os paquetes de solicitude de eco e resposta coa fin de determinar se un sistema cun enderezo IP determinado está presente na rede.
Para funcionar, ping emprega paquetes ICMP (do ). Usar ping implica enviar unha "solicitude de eco ICMP" ao servidor desexado e agardar por unha "resposta de eco ICMP". O programa informa de erros, da perda dos paquetes e un resumo estatístico dos resultados, que adoitan incluír o mínimo, o máximo, a media de viaxes de ida e volta e a desviación típica da media.
As opcións de liña de comandos e de saída do terminal dependen da implementación. Poden incluír o tamaño da carga (en ), a conta dos tests, o límite de saltos na rede (TTL) ou o intervalo entre a solicitude e a resposta. Moitos sistemas ofrecen tamén a ferramenta "ping6" para as redes IPv6.
Historia A ferramenta ping foi escrita por Mike Muus en decembro de 1983 namentres traballaba para o Ballistic Research Laboratory (na actualidade, o Laboratorio de Investigación do Exército dos Estados Unidos). Un comentario de David Mills sobre o uso de paquetes de eco ICMP para diagnosticar e medir as redes IP levouno a crear un programa para arranxar problemas nas redes. Decidiu nomealo en base ao son que emite un sonar, xa que a metodoloxía de ping é análoga á ecolocación por sonar. Porén, o retroacrónimo "Packet Internet Groper" (en ) lévase usando dende hai máis de 30 anos. Muus afirmou que, dende o seu punto de vista, ping non buscaba ser un acrónimo, mais acabou aceptando a ampliación do nome iniciada por Mills.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Informática