O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1191 - Os Grimaldi, unha familia de exilados de orixe xenovesa, coloca a primeira pedra da praza fortificada (hoxe o palacio pricipesco) en Mónaco. 1585 - nos Países Baixos españois prodúcese o Milagre de Empel, polo cal a Inmaculada Concepción é proclamada patroa dos Terzos españois. 1807 - Napoleón Bonaparte concédelle ao seu irmán máis novo Jérôme o reino de Westfalia, creado co obxectivo de chegar a Austria. 1813 - Ludwig van Beethoven estrea a Sétima Sinfonía. 1854 - O Papa Pío IX proclama o dogma da Inmaculada Concepción, que afirma que a Virxe María naceu sen pecado orixinal. 1863 - Fúndase a FIFA (Federación Internacional de Asociacións de Fútbol). 1869 - Inicio do Concilio do Vaticano I. 1925 - Adolf Hitler publica Mein Kampf (A miña loita). 1933 - Comeza un levantamento anarquista en Aragón, liderado por Cipriano Mera, Isaac Puente e outros, que proclama o comunismo libertario en varias localidades. 1941 - Segunda guerra mundial: Os Estados Unidos de América e a Gran Bretaña, declaran a guerra ao Xapón após o ataque a Pearl Harbor o día anterior. Holocausto: Os nazis utilizan gas en furgonetas para aniquilar xudeus no campo de concentración de Chelmno, preto de Lodz. 1953 - Os Estados Unidos de América propoñen á Asemblea Xeral das Nacións Unidas o control internacional da enerxía atómica. 1955 - Adopción da bandeira europea 1974 - A monarquía é rexeitada na Grecia (v. Política da Grecia). 1987 - Ronald Reagan e Mikhail Gorbachev asinan en Washington un tratado para a eliminación dos mísiles nucleares de curto e medio alcance. 1987 - A UNESCO declara Patrimonio da Humanidade a Gran Muralla Chinesa e a cidade de Brasilia. 1994 - Ratificado o tratado que fundou o Mercado Común da África Oriental e Austral (COMESA) 1994 - Sintetízase por primeira vez o elemento químico coñecido como Roentgenio. 1991 - Remata a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. 2001 - Leonardo Boff é agraciado co premio Nobel alternativo en Estocolmo. 2019 - A banda de rock metal NAO rematan a súa andaina musical no recinto feiral de Amio en Compostela.

Nacementos miniatura|125px|dereita|Florbela Espanca. 65 a.C. - Horacio, poeta latino (8 a.C.). 1542 - María Estuardo, raíña da Escocia (m. 1587). 1678 - Horatio Walpole, diplomático inglés (m. 1757). 1826 - Friedrich Siemens, industrial alemán. 1832 - Bjørnstjerne Bjørnson, escritor noruegués, Premio Nobel de Literatura (m. 1910). 1844 - Émile Reynaud, inventor dos deseños animados. 1861 - Georges Méliès, ilusionista francés e un dos precursores do cine (m. 1938). 1864 - Camille Claudel, escultora francesa (m. 1943). 1865 - Jean Sibelius, compositor finlandés (m. 1957). 1870 - José María Moncada Tapia, presidente nicaraguano (m. 1945). 1873 - Amado Garra Castellanzuelo, avogado e político galego (m. 1948). 1886 - Diego Rivera, pintor muralista mexicano (m. 1957). 1894 - Florbela Espanca, poetista portuguesa (m. 1930).

1912 - Alfredo Cid Rumbao, mestre e escritor galego (m. 2000). 1914 - Časlaŭ Sipovič, bispo grecocatólico belaruso (m. 1981). 1923 - Olga Gallego, historiadora galega (m. 2010). 1925 - Carmen Martín Gaite, escritora española (m. 2000). 1925 - Sammy Davis Jr., actor estadounidense (m. 1990). 1936 - David Carradine, actor estadounidense (m. 2009). 1943 - Jim Morrison, cantante, compositor e poeta estadounidense (m. 1971). 1953 - Kim Basinger, actriz estadounidense. 1953 - Xulio López Valcárcel, escritor galego. 1966 - Sinéad O'Connor, cantante irlandesa.

Mortes miniatura|125px|dereita|George Boole. 1830 - Benjamin Constant, pensador, escritor e político suízo (1767). 1854 - George Boole, matemático británico (1814). 1859 - Thomas de Quincey, escritor inglés (1785). 1903 - Herbert Spencer, filósofo inglés e un dos representantes do positivismo (1820). 1930 - Florbela Espanca, poetisa portuguesa (1894). 1950 - Armando Cotarelo Valledor, escritor galego. 1965 - Eugenio López Aydillo, xornalista e escritor galego (n. 1888). 1973 - Xesús Carro, sacerdote e escritor galego (n. 1884). 1978 - Golda Meir, unha das fundadoras do Estado de Israel (1898) e Primeira Ministra. 1980 - John Lennon, músico británico, ex-integrante dos Beatles - asasinado en Nova York por David Chapman. 1994 - Enrique Líster, comunista e militar republicano durante a Guerra civil española. 1994 - Antônio Carlos Jobim, músico brasileiro (n. 1927). 2001 - Xavier Pousa Carrera, pintor galego (n. 1931). 2003 - Rubén González, pianista cubano (Buena Vista Social Club).

Festas e celebracións Budismo - Iluminación de Sakyamuni Buddha. Bulgaria - Día do estudante (studentski praznik). España - Inmaculada Concepción, patroa dos boticarios. Romanía - Día da Constitución.

Outros Santoral: Inmaculada, Concepción, Esther.

Os 366 días do ano

08