O 9 de decembro é o 343º día do ano do calendario gregoriano e o 344º nos anos bisestos. Quedan 22 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1617 - Saqueo de Cangas de Morrazo polos turcos. 1759 - Chega a Madrid, procedente de Nápoles, Carlos III, para facerse cargo do trono de España. 1900 - En Francia autorízase ás mulleres a exercer a avogacía. 1931 - Apróbase a constitución republicana en España. 1936 - Son executados na Coruña os mártires de Brens (Norberto Recamán Lago, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Perfecto Trasmonte Costa, Jesús Chouza Figueiras, Florentino Canosa Barreiro, Manuel García Castiñeira e Domingo López Domínguez) e os veciños de Irixoa Ramón López Amado, os seus fillos Máximo, Obdulio e Ricardo López Acea, Antonio Varela Sanjurjo e Antonio Barbeito Espiñeira. 1941 - China declara a guerra a Italia, o Xapón e Alemaña. 1948 - Execución con garrote vil na prisión da Coruña do guerrilleiro José Santiago Temprano. 1966 - A NBC comeza a emitir a serie Star Trek. 1990 - Vitoria de Lech Wałęsa nas eleccións presidenciais polacas.
Nacementos miniatura|100px|dereita|John Milton. 1608 - John Milton, poeta inglés (m. 1674). 1842 - Peter Kropotkin, teórico do anarquismo (m. 1921). 1868 - Fritz Haber, químico alemán, Premio Nobel de Química (m. 1934). 1894 - Fernando Osorio do Campo, escritor e político galego (m. 1974). 1895 - Dolores Ibárruri, Pasionaria, dirixente do Partido Comunista de España (m. 1989). 1905 - Cesáreo Saco, avogado e político galego (m. 1994). 1906 - Grace Hopper, militar e pioneira das ciencias da computación (m. 1992) 1914 - Hildegart Rodríguez Carballeira nena prodixio e modelo de muller do futuro (m. 1933). 1916 - Kirk Douglas, actor estadounidense. 1919 - William Lipscomb, químico inorgánico estadounidense, Premio Nobel de Química. 1920 - Carlo Azeglio Ciampi, expresidente da Italia. 1925 - Ernest Gellner, filósofo checo (m. 1995). 1926 - Henry Way Kendall, físico estadounidense, Premio Nobel (m. 1999). 1929 - John Cassavetes, actor e cineasta independente. 1930 - Edoardo Sanguineti, poeta e crítico literario italiano (m. 2010). 1946 - Sonia Gandhi, política india. 1953 - John Malkovich, actor estadounidense. 1956 - Jean-Pierre Thiollet, escritor francés. 1957 - Xavier Queipo, escritor galego. 1974 - Nacho Vegas, cantautor asturiano.
Mortes miniatura|100px|dereita|Pablo Iglesias. 1915 - Andrés Rey Varela, xornalista galego. 1925 - Pablo Iglesias Posse, ferrolán fundador do PSOE e da UGT. 1933 - Roberto Nóvoa Santos, patólogo e ensaísta galego (n. 1885). 1933 - Manuel Amor Meilán, escritor e antropólogo galego (n. 1867). 1936 - Brasilino Álvarez Sobrino, político republicano galego (n. 1896). 1936 - Ramón Fuentes Canal, político socialista galego. 1952 - Felipe Bello Piñeiro, pintor galego (n. 1886). 1977 - Clarice Lispector, escritora brasileira (n. 1920).
1995 - Concha Castroviejo, xornalista e escritora galega (n. 1913). 1996 - Mary Leakey, antropóloga americana (n. 1913).
Festas e celebracións Día Internacional contra a Corrupción."Algo máis que facer trampas", en La Voz de Galicia 10.12.2025. Día Mundial da Informática
Outros
Notas
Os 366 días do ano
09