Karl Adolf Agardh, nado en Båstad o 13 de xaneiro de 1785 e finado en Karlstad o 28 de xaneiro de 1859, foi un botánico e bispo sueco.

Traxectoria Estuda na universidade de Lund, onde ensinou dende 1807 matemáticas, aínda que o seu interese fundamental foi o estudo das algas, ás que clasificou cientificamente no seu Systema algarum. Obtén a cátedra de botánica e economía en 1812.

En 1817 vai ser elixido membro do Parlamento, e en 1837 foi nomeado bispo de Karlstad, o que supuxo a fin das súas investigacións científicas.

O seu fillo Jacob George Agardh foi igualmente un especialista en algas.

Obras Synopsis algarum Scandinaviae, 1817 Aphorismi botanici, 1817-1826 Species algarum, 1821-1828 Systema algarum, 1824 Classes plantarum, 1825

Categoría:Botánicos de Suecia Categoría:Nados en 1785 Categoría:Finados en 1859 Categoría:Nados no condado de Escania Categoría:Bispos da Igrexa de Suecia Categoría:Micólogos