Santa María de Fonteo é unha parroquia do concello de Baleira. Segundo o IGE en 2013 tiña 64 habitantes.

Xeografía Ten unha superficie de 4,22 km², e unha altitude media de 600 m. Limita ao norte coa Braña, ao sur con Librán, ao leste con Cubilledo e ao oeste con Montecubeiro (Castroverde). Os seus 64 habitantes están distribuídos en 4 núcleos e 4 lugares. As entidades de poboación son Castiñeiras (13), A Ferraría (15), Fonteo (32) e Río de Castro (4). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Barreiro, O Pibidal, Valdeirexe e A Veiguiña.

O seu nome deriva do nacemento do río Eo.

Patrimonio A igrexa parroquial de Santa María de Fonteo é de tipo rural e pequenas dimensións, con muros de cachotería e cantería de granito e lousa, e cuberta de lousa a dúas e catro augas. O presbiterio e a nave están comunicados por medio dun arco triunfal de medio punto. O frontis culmina cunha espadana dun só van. No interior consérvase un só retablo na capela maior, de estilo barroco popular.

Lugares e parroquias Lugares de Fonteo

Galería de imaxes

Parroquias de Baleira

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baleira

Categoría:Parroquias de Baleira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María