O 30 de maio é o 150º día do ano do calendario gregoriano e o 151º nos anos bisestos. Quedan 215 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1416 - A Igrexa católica queima vivo a Xerónimo de Praga por defender ao reformador relixioso Jan Hus. 1810 - Levantamento patriótico na Coruña liderado, entre outros, por Sinforiano López. 1871 - Derrotada a Comuna de París 1913 - Sinatura de tratado de paz encerra a Primeira Guerra Balcánica. A Albania tornase independente 1953 - Fundación do club de fútbol Galicia de Mugardos. 1961 - Na República Dominicana é asasinado Rafael Leónidas Trujillo, ditador durante 31 anos (1930-1961). 1967 - Publícase Cien años de soledad de Gabriel García Márquez. 1981 - Na Arxentina atópanse os cadáveres do parricidio coñecido como Caso Schoklender. 1981 - En Bangladesh, o presidente Ziaur Rahman é asasinado nun golpe de estado dirixido polo xeneral Manzur. 1982 - España ingresa na Organización do Atlántico Norte (OTAN), converténdose no membro número dezaseis. 1992 - A ONU decreta un embargo total contra Serbia e Montenegro. 2006 - O Secretario do Tesouro de Estados Unidos, John W. Snow, presenta a súa renuncia.

Nacementos miniatura|100px|Mikhail Bakunin. 1220 - Alexandre Nevski, gran príncipe de Novgorod e Vladimir (m. 1263). 1672 - Pedro, O Grande, tsar de Rusia (m. 1725). 1786 - José Pimentel Montenegro, militar e político galego (m. 1838). 1814 - Mikhail Bakunin, anarquista ruso (m. 1876). 1815 - Vicente Álvarez Miranda, escritor e político galego (m. 1858). 1845 - Amadeu de Savoia, rei de España (1870-1873). 1896 - Howard Hawks, director cinematográfico estadounidense (m. 1977). 1913 - Isabel Gago, enxeñeira química (m. 2012) 1923 - Xavier Costa Clavell, escritor galego (m. 2006). 1928 - Agnès Varda, directora de cinema belga. 1931 - Antonio Gamoneda, escritor español. 1948 - Salvador Puig Antich, anarquista catalán e último asasinado polo garrote vil no réxime franquista. 1951 - Fernando Lugo, sacerdote católico e presidente de Paraguai. 1964 - Tom Morello, músico estadounidense. 1980 - Steven Gerrard, futbolista inglés.

Mortes miniatura|100px|Peter Paul Rubens. 1252 - Fernando III de Castela, rei e santo católico. 1431 - Xoana de Arco, heroína e santa francesa (n. 1412). 1640 - Peter Paul Rubens, pintor flamengo (n. 1577). 1744 - Alexander Pope, poeta inglés (n. 1688). 1778 - Voltaire, filósofo francés. 1885 - Saturnino Álvarez Bugallal, avogado, xornalista e político galego (n. 1834). 1918 - Georgi Plekhanov, revolucionario ruso (n. 1856). 1960 - Boris Pasternak, escritor ruso (n. 1890). 1994 - Juan Carlos Onetti, escritor uruguaio (n. 1909). 2010 - José Díaz Fuentes, escultor galego (n. 1940).

Festas e celebracións Día das Canarias

Outros Santoral: Santa Xoana de Arco, San Fernando (Fernando III de Castela)

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Maio