O Espiño é un lugar da parroquia de Filgueira, concello de Lalín, situado ás marxes da estrada N-525 no tramo comprendido entre a capital municipal e o polígono industrial Lalín 2000. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 62 habitantes (28 homes e 34 mulleres).

No lugar permanecen aínda os restos dunha importante fábrica de curtidos que funcionou ata ben entrado o século XX. No lugar hai unha capela de nova construción dedicada ao culto da Virxe de Fátima.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Filgueira

Parroquias de Lalín

Categoría:Lugares de Lalín Categoría:Localidades do Camiño de Inverno