é o Día dos Santos Inocentes en España e Hispanoamérica. O 28 de decembro é o 362º día do ano do calendario gregoriano e o 363º nos anos bisestos. Quedan 3 días para finalizar o ano.
Acontecementos 484: Alarico II sucede a Eurico no trono visigodo. 801: entrada dos francos en Barcelona e proclamación de Bera como primeiro conde de Barcelona. 893: un terremoto en Dvin (Armenia) provoca 30 000 mortos. 1065: conságrase en Londres a abadía de Westminster. 1099: O papa Pascual II restablece a sé metropolitana de Braga. 1287: Afonso III de Aragón concede os privilexios da Unión de Aragón á nobreza aragonesa. 1288: Afonso III de Castela establece un compromiso de alianza co aspirante ao trono Alfonso de la Cerda. 1536: Gonzalo Jiménez de Quesada chega á chaira de Bogotá tras explorar o río Magdalena, bautizándoa co nome de Nueva Granada (hoxe Colombia). 1833: tras enviuvar, a raíña rexente María Cristina contrae matrimonio morganático e secreto con Fernando Muñoz, garda de corps. 1836: España recoñece a independencia de México. 1861: o francés Orélie Antoine de Tounens autoproclámase rei da Araucania e a Patagonia. 1874: Arsenio Martínez Campos proclama en Sagunt a Afonso XII rei de España. 1879: falecen máis de 200 persoas nun accidente ferroviario ao caer unha ponte sobre o río Tyne, preto de Edimburgo (Escocia). 1895: os irmáns Lumière proxectan por vez primeira unha película en público. 1895: Wilhelm Röntgen presenta en Würzburg a súa primeira comunicación sobre os raios X. 1897: Edmond Rostand estrea en París a peza Cyrano de Bergerac. 1903: Cuba recoñece a nova república de Panamá. 1908: un terremoto na cidade de Messina (Sicilia) deixa máis de 80 000 vítimas. 1909: Robert Hutchings Goddard, físico da universidade de Clark (Massachusetts), publica os primeiros traballos teóricos sobre a propulsión mediante foguetes. 1911: Rusia merca cereais por valor de 12 millóns de rublos para paliar a fame tralas malas colleitas. 1911: o médico Sun Yat Sen, fundador do Partido Nacionalista da China, o Kuomintang, primeiro presidente do país. 1916: Fúndase na Coruña o coro galego Cántigas da Terra. 1922: estrea en Valladolid da comedia El becerro de metal, de Emilia Pardo Bazán. 1923: o Directorio de España acorda a prohibición da ensinanza en catalán nos centros oficiais. 1925: fúndase no Cairo (Exipto) a Universidade de Fuad. 1927: estrea en Bruxelas da ópera Antígona de Arthur Honegger. 1928: estrea en Londres de Xoana de Arco, de Bernard Shaw. 1929: estrea en Barcelona de La Lola se va a los puertos, de Manuel e Antonio Machado. 1931: publicación dunha encíclica de Pío XI sobre a autoridade da Igrexa. 1956: accidente ferroviario entre a estación de Quereño (Rubiá) e a estación de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) ao descarrilar o expreso Madrid-A Coruña. Cinco persoas mortas e 49 feridas"Resultan seis personas muertas y cuarenta y nueve heridas al descarrilar el expreso Madrid – Galicia cerca de Quereño (Orense)", artigo en ABC, 29 de decembro de 1956, pp. 55 e 56.. 1978: publícase no BOE a actual Constitución Española. 1993: o Banco de España intervén Banesto, dirixido por Mario Conde 1998: a Compañía RTVG fai entrar a segunda cámara web en funcionamento (que vai ofrecer imaxes da Porta Santa e da Catedral de Santiago). 2002: manifestación na praia de Riazor baixo o lema Nunca Máis esixindo responsabilidades pola marea negra do Prestige. 2014: O Voo 8501 de Indonesia AirAsia cae ao mar de Xava, na ruta de Indonesia a Singapur, con 162 persoas a bordo.
Nacementos miniatura|125px|dereita|Friedrich Engels. 1820 - Friedrich Engels, economista e pensador alemán (m. 1895). 1850 - Francesco Tamagno, tenor italiano (m. 1905). 1850 - Renato Ulloa Varela, xornalista e poeta galego (m. 1923). 1852 - Leonardo Torres Quevedo, enxeñeiro e inventor español. 1856 - Woodrow Wilson, presidente estadounidense, premio Nobel da Paz en 1919 (m. 1924). 1872 - Pío Baroja, novelista español. 1874 - María Lejárraga, escritora española. 1882 - Arthur Stanley Eddington, astrónomo e físico británico. 1885 - Vladimir Tatlin, pintor e arquitecto ruso 1888 - F. W. Murnau, cineasta alemán. 1891 - Elvira de Hidalgo, soprano española. 1898 - Carl-Gustaf Rossby, meteorólogo estadounidense de orixe sueca. 1899 - Eugeniusz Bodo, actor polaco. 1899 - Edgar Neville, escritor e diplomático español. 1902 - Mortimer Adler, filósofo estadounidense. 1902 - Shen Congwen, escritor chinés. 1903 - John von Neumann, matemático húngaro (m. 1957) 1903 - Earl Hines, pianista estadounidense de jazz. 1905 - Antón Fraguas Fraguas, historiador e antropólogo galego (m. 1999). 1905 - Cliff Arquette, actor estadounidense. 1908 - Lew Ayres, actor estadounidense. 1910 - Tomás Zarraonaindia, porteiro de fútbol vasco, irmán de Telmo Zarra. 1912 - José Luis Cano, poeta español. 1913 - Lou Jacobi, actor canadense. 1922 - Stan Lee, historietista estadounidense. 1923 - Manuel Ferrol, fotógrafo e reporteiro galego. 1924 - Milton Obote, presidente ugandés. 1925 - Hildegard Knef, actriz alemá. 1931 - Guy Debord, cineasta francés. 1932 - Manuel Puig, novelista arxentino. 1933 - Nichelle Nichols, actriz estadounidense. 1934 - Maggie Smith, actriz británica. 1934 - Xosé Fortes Bouzán, militar e historiador galego. 1934 - Yujiro Ishihara, actor xaponés. 1936 - Jacques Mesrine, contrabandista e asasino francés. 1940 - Don Francisco, presentador de televisión chileno. 1943 - Juan Luis Cipriani, arcebispo peruano. 1944 - Kary Mullis, bioquímico estadounidense, Premio Nobel de Química en 1993. 1944 - Édgar Vivar, actor mexicano (Sr. Barriga). 1945 - Birendra Bir Bikram Shah Dev, rei nepalés. 1946 - Edgar Winter, músico estadounidense. 1949 - José Pampurro, político arxentino. 1950 - Alex Chilton, cantante e guitarrista estadounidense. 1950 - Hugh McDonald, baixista estadounidense da banda Bon Jovi. 1953 - Richard Clayderman, pianista francés. 1954 - Denzel Washington, actor de cinema estadounidense. 1956 - Nigel Kennedy, violinista inglés. 1957 - Francisco Javier Arenas, político español. 1958 - César Sarachu, actor español. 1959 - Ana Torroja, cantante española. 1962 - Michel Petrucciani, pianista de jazz francés. 1963 - Dmitry Solovyov, judoka uzbeko. 1964 - Maite Zúñiga, atleta española. 1967 - Raphael Jiménez, director de orquestra venezolano. 1967 - Chris Ware, historietista estadounidense. 1969 - Linus Torvalds, informático finlandés, creador do sistema operativo Linux. 1972 - Roberto Palacios, futbolista peruano. 1972 - Patrick Rafter, tenista australiano. 1974 - Anxo Lorenzo, gaiteiro. 1974 - María Fernanda Aldana, cantante arxentina. 1977 - Kery James, músico francés. 1978 - John Legend, músico estadounidense. 1979 - James Blake, tenista estadounidense. 1979 - Zach Hill, músico estadounidense. 1980 - Vanessa Ferlito, actriz estadounidense. 1980 - Lomana LuaLua, futbolista congolés. 1981 - Sienna Miller, actriz estadounidense. 1981 - Mika Väyrynen, futbolista finlandés. 1987 - Thomas Dekker, actor estadounidense. 1989 - Mackenzie Rosman, actriz estadounidense. 1990 - David Archuleta, cantante estadounidense. 2001 - Madison De La Garza, actriz estadounidense.
Mortes 1622 - Francisco de Sales, sacerdote e escritor francés. 1656 - Laurent de La Hyre, pintor barroco francés. 1663 - Francesco Maria Grimaldi, matemático e físico italiano. 1696 - Miguel de Molinos, teólogo español (n. 1628). 1703 - Mustafa II, sultán otomán. 1706 - Pierre Bayle, filósofo e escritor francés. 1734 - Robert Roy MacGregor, heroe lendario escocés 1829 - Jean-Baptiste Lamarck, biólogo francés (n. 1744) 1885 - Adam Crooks, político canadense (n. 1827). 1889 - Teresa Cristina de Borbón e Dúas Sicilias, emperatriz do Brasil. 1903 - George Gissing, escritor inglés. 1908 - Françoise Auguste Gevaert, compositor belga. 1913 - Eduardo Álvarez Carballido, médico e historiador galego (n. 1843). 1918 - Olavo Bilac, poeta brasileiro
1924 - Léon Bakst, pintor ruso. 1925 - Sergéi Yesenin, poeta ruso. 1934 - Pablo Gargallo, escultor aragonés (n. 1881). 1936 - Antonio Chaves del Río, sindicalista galego (n. 1886). 1937 - Maurice Ravel, compositor e pianista francés (n. 1875). 1945 - Theodore Dreiser, escritor estadounidense. 1947 - Vítor Manuel III, rei de Italia (n. 1869). 1952 - Fletcher Henderson, pianista estadounidense. 1962 - Kathleen Clifford, actriz estadounidense. 1963 - Paul Hindemith, compositor alemán. 1971 - Max Steiner, compositor de música de cine austríaco. 1981 - Allan Dwan, director de cine estadounidense. 1983 - Fidela Campiña Ontiveros, cantante de ópera española. 1983 - Dennis Wilson, músico estadounidense (The Beach Boys). 1984 - Sam Peckinpah, director de cine estadounidense. 1985 - Renato Castellani, cineasta italiano. 1989 - Hermann Oberth, enxeñeiro alemán. 1989 - María Araujo Martínez, sindicalista, guerrilleira e política galega (n. 1904). 2002 - Manfred Gnädinger, "o alemán de Camelle" 2002 - José Cibrián, actor arxentino. 2004 - Jerry Orbach, actor estadounidense. 2004 - Susan Sontag, escritora e feminista norteamericana (n. 1933) 2007 - Xosé Cuíña Crespo, político galego (n. 1950). 2013 - Esther Borja, cantante cubana (n. 1913). 2016 - Bibiano, cantautor e produtor galego, antigo membro de Voces Ceibes, (n. 1950). 2018 - Amos Oz, escritor israelí (n. 1939). 2025 - Brigitte Bardot, actriz francesa (n. 1934).
Festas e celebracións Día da Proclamación en Australia do Sur (1836)
Santoral Os Santos Inocentes.
Outros
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Decembro