A cidade de Islamabad (en urdú ‏اسلام آباد que significa: "Cidade do Islam") é a capital de Paquistán. Está situada ao nordés do país, no Territorio da Capital Islamabad. Historicamente parte do territorio formaba parte da rexión do Panxab e outra parte de Khyber Pakhtunkhwa. Ten unha poboación de 1 151 868 habitantes (resultados preliminares do censo de 2011) .

Historia En 1958 decidiuse escoller unha comisión para elixir unha nova capital do novo estado que substituíra a Karachi a ao ano seguinte decidiuse por unha zona a 15 km ao nordés de Rawalpindi. Un grupo de urbanistas, baixo a dirección do grego Constantinos A. Doxiadis, foi encargado do deseño da nova urbe. O 24 de febreiro de 1960 o goberno paquistaní decidiu darlle o nome de Islamabad e no ano 1961 comezaron as obras.

No ano 1967, Islamabad converteuse xa oficialmente na capital do Paquistán. En 1970 remataron os traballos de construción.

En outubro de ano 2005 a cidade viuse afectada polo terremoto que sacudiu o subcontinente indio.

Xeografía e clima Islamabad está situada no altiplano de Pothohar, a unha altura entre 457 m e 610 m, ao sur dos Altos de Margalla, a uns 15 km da cidade de Rawalpindi (antiga capital do país entre 1959 e 1968) e tamén cerca da de Gakhar.

O clima está en parte regulado por tres lagos artificiais (Rawal, Simli e Khanpur), mais é con todo un clima extremo, con veráns moi calorosos e con choivas monzónicas en xullo e agosto; os invernos son moi fríos con nevaradas frecuentes sobre os altos e máis raras na cidade. As temperaturas oscilan entre un mínimo de -3,9 °C en xaneiro e un máximo de 46,1 º no mes de xullo.

Demografía Censo de 1981 - 204.364 habitantes . Censo de 1998 - 529.180 habitantes (censo oficial) Cálculos para 2006 - 794.531 habitantes. Resultados preliminares do censo de 2011 1 151 868 habitantes Turismo Área Azul, o centro financeiro de Islamabad. Avenida da Constitución. Monumento Nacional, preto de Shakarparian. Mesquita de Faisal, un dos monumentos emblemáticos de Islamabad's most; unha grande mesquita, agasallo do rei Faisal da Arabia Saudita. Altos de Margalla, outeiros que arrodean a cidade. Museo Lok Virsa. Museo de Historia Natural do Paquistán. Museo de Islamabad. Galería Nacional de Arte. Notas

Categoría:Cidades de Paquistán Categoría:Capitais de Asia