Richard Aldington, nado en Portsmouth o 8 de xullo de 1892 e finado en Sury-en-Vaux o 27 de xullo de 1962, foi un escritor inglés coñecido pola súa poesía sobre a primeira guerra mundial e a súa novela Death of a Hero.
Traxectoria Estudou na Universidade de Londres. Entre 1914 e 1916 foi o editor literario da publicación The Egoist. Serviu na fronte oeste entre 1916 e 1918, nunca se recuperou desta experiencia. A súa poesía pertence á escola imaxinista.
Death of a Hero, publicada en 1929 foi a súa resposta literaria á guerra. En 1942 transladouse aos Estados Unidos e comeza a escribir biografías, a primeira foi sobre o Duque de Wellington (The Duke: Being an Account of the Life & Achievements of Arthur Wellesley, 1st Duke of Wellington, 1943). Seguiu coa de D. H. Lawrence (D.H. Lawrence: An Appreciation, 1950), Robert Louis Stevenson (Portrait of a Rebel, 1957), e T. E. Lawrence (Lawrence of Arabia: A Biographical Inquiry, 1955), traballo foi moi controvertido pola súa crítica a un home considerado un heroe de guerra, tamén escribiu sobre Frederic Mistral (Introduction to Mistral, 1956)
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en Portsmouth Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1962