Xosé Manuel Vázquez Martínez, nado en Ribeira o 21 de marzo de 1947 e finado o 29 de abril de 2010,"Fallece el gallego Tuto Vázquez", artigo en Faro de Vigo, 30 de abril de 2010 . foi un actor galego coñecido como Tuto Vázquez.
Traxectoria Estudou Maxisterio e Filosofía e posuía o título de Declamación polo Conservatorio Profesional da Coruña e o de Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.
Tiña grande experiencia como actor teatral e de dobraxe, e na última década participara en varias series de televisión galegas, así como nalgunhas películas con pequenas intervencións e multitude de curtametraxes. Tamén traballou en publicidade, participando en varios spots, e na radio, nun total de 8 temporadas do espazo Preescolar na casa.
Interveu en montaxes teatrais coas compañías Tespis, O facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Produccións do Noroeste, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego e Producións Librescena.
O seu último traballo televisivo foi na serie Padre Casares, onde tivo que ser substituído no personaxe de Don Crisanto por Gonzalo Rei Chao a principios de 2008 debido ao cancro que padecía e do que faleceu en abril de 2010.
Filmografía Un café de ollos verdes (1992), de Antonio F. Simón (curtametraxe). Blanca Madison (1998), de Carlos Amil. O trasto (2002), de Rafael Calvo. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
Televisión Servicio de urxencias A familia Pita Os outros feirantes (1989) Memorias dun parado (1991) Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991) Pratos combinados (1995) Mareas vivas (1998-2003) Avenida de América (2003) As leis de Celavella (2003) Padre Casares (2008)
Teatro (lista parcial) Historias del zoo En alta mar Escena para 4 personajes Don Juan Sonata de espectros Os vellos non deben de namorarse A noite vai coma un río A voda de Sganarello O canto to cisne Galileo Galilei As tres irmás Espectros As alegres casadas O barbeiro de Sevilla Cyrano de Bergerac Escuadra hacia la muerte El amor de los cuatro coroneles Sin querer Farsa y justicia del corregidor Puntila e o seu criado Matti O Señor Bonome e os incendiarios Macbeth A longa viaxe do Capitán Zelta Chejov, Chejov ¡Ei Freihmulle!
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2008Mellor actor secundarioPadre CasaresNomeado
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas AVG Currículo
Categoría:Actores de Ribeira Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados por cancro