Pilar García-Cernuda Lago Calleja Fernández, coñecida como Pilar Cernuda, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1948, é unha xornalista galega.
Traxectoria Tras finalizar os seus estudos de Xornalismo en Madrid, iniciou a súa carreira profesional en 1975 e durante anos correspondeulle o seguimento das actividades da Casa Real. Máis adiante, trasladouse a Nova York dende onde exerceu de correspondente do xornal ABC. Nos seguintes anos traballaría en Radio Nacional de España, a Cadena COPE e Televisión Española, tanto no espazo de entrevistas Centros de poder (1994-1995), xunto a Julia Navarro, como no informativo matinal Los desayunos de TVE).
Especializada en información política, nos últimos anos seguiu colaborando en distintos medios tantos escritos coma radio e televisión. Participa na tertulia do programa Herrera en la onda de Onda Cero (cadea á que se incorporara en 1993) e nos programas de televisión Espejo público de Antena 3 e Alto y Claro e Madrid opina de Telemadrid. Ademais escribe na revista Cambio 16 e no xornal La Razón. Tamén dirixe a Axencia de novas Fax Press.
Libros publicados Todo un Rey (1981). El Presidente (1994), (biografía de Felipe González). Crónicas del cambio (1996), Crónicas de la crispación (1996), (con Fernando Jáuregui). Ciclón Fraga (1997). Aznarmanía (1997), (con Fernando Jáuregui). Los hijos más deseados (1999) (con Margarita Sáenz Díez). Servicios Secretos (2000) (con Fernando Jáuregui e Joaquín Bardavío). 30 días de noviembre (2000). La mujer en la política (2000). 23-F : la conjura de los necios (2001) (con Fernando Jáuregui e Manuel Ángel Menéndez Cernuda). Solidaridad : no es humanitario todo lo que reluce (2002). El sequerón : ocho años de aznarato (2004) (con Fernando Jáuregui). Madres solas: Una decisión voluntaria (2006). Rajoy y la oposición a ZP (2008).
Galardóns Premio Diego Bernal en 2012. En 2020, foi galardoada coa medalla Castelao. 2024: Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista sobre o seu labor de columnista.
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1948 Categoría:Medallas Castelao