Luis Mariñas Lage, nado na Coruña o 7 de agosto de 1947 e finado en Madrid o 27 de decembro de 2010http://www.abc.es/20101227/medios-redes/muere-luis-marinas-201012271520.html, foi un xornalista galego.

Traxectoria Televisión española (1969-1990) Comezou a súa traxectoria profesional en 1969, en Televisión Española, onde permaneceu durante os seguintes vinte anos. En 1974 é nomeado director de TVE en Galicia, onde puxo en marcha o programa Panorama de Galicia, primeiro programa rexional informativo da historia da televisión galega. Foi tamén o primeiro de utilizar o galego nun programa informativo. En 1977 é destituído como director dese programa por presións políticasVarios autores. Galicia. Realidade económico e conflito social. Servicio de Estudios del Banco de Bilbao, 1978.

En 1981 foi nomeado responsable da Área Nacional dos Informativos de TVE. En 1982, foi nomeado director da primeira edición de Telediario e entre 1983 e 1984 o foi da segunda, que se emitía ás 21,00.

En 1987 comezou a facerse máis popular cando se lle asinou, de novo, a dirección e ademais a presentación do Telediario de ámbito nacional, labor no que permaneceu ata 1990.

Telecinco (1990-1998) Ese mesmo ano foi contratado por Valerio Lazarov, daquela á fronte da recentemente nacida canle de TV Telecinco para que puxese en marcha os informativos da emisora.

Mariñas foi Director de Informativos en Telecinco entre 1990 e 1998, e durante ese tempo, a parte das novas, tamén dirixiu e presentou outros programas de debate e entrevistas. O 31 de maio de 1993 moderou o segundo debate televisado entre Felipe González e José María Aznar para as eleccións xerais de 1993.

Televisión española (1998-2004) En 1998 foi relevado do seu cargo en Telecinco e abandonou a canle para volver a Televisión Española, onde, durante seis tempadas, ata 2004, presentou e dirixiu o espazo informativo matinal Los desayunos de TVE.

Telemadrid (2004-2010) En 2004 pasou á canle autonómica madrileña Telemadrid, para facerse cargo das Noticias. En 2005 deixou ese labor para conducir o programa divulgativo Años Luz na mesma cadea.

En febreiro de 2007 estreou tamén programa en Canal Sur, chamado Vista Pública.

O seu último traballo foi o de Director de Comunicación de Portos do Estado.

Notas

Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Presentadores de Televisión Española