Co termo nó podemos estar a referirnos a:

Na natureza: Nó, porción xeralmente arredondada de madeira dura e máis escura, que aparece nun toro ou nunha táboa e que se corresponde coa unión dunha póla co tronco. Nas ciencias: Nó (teoría de grafos) é un vértice, unidade fundamental dun grafo. Nó, en botánica, punto de nacemento das follas, broulla. Nó: unidade de velocidade, equivalente a unha milla náutica por hora. Nó da gorxa, en anatomía, vulto que forma a larinxe na parte anterior do pescozo do home, mazá de Adán, noz. Nó (informática): punto de conexión dunha rede. Na sociedade: Nó: traballo realizado cunha corda ou aparello similar para agarrar ou unir obxectos. Nó, punto ou lugar onde converxen varias vías de comunicación. Nó, na literatura, parte central dunha obra narrativa ou dramática, en que a trama se complica máis e que precede ao desenlace. Nó gordiano, problema ou situación difícil de superar ou solucionar. Nó, anuario da Asociación de Escritores en Lingua Galega de 1986 a 1987.

Toponimia

Porta do Nó, lugar da parroquia de Ardemil, no concello de Ordes.

Véxase tamén

Noh: xénero teatral xaponés.