Armando Manzanero, nado en Mérida (México) o 7 de decembro de 1935 e finado na Cidade de México o 28 de decembro de 2020,Murió Armando Manzanero a los 85 años de edad foi un músico, actor e compositor mexicano.
Biografía Aos 8 anos iniciou estudos de música na escola de Belas Artes da súa cidade natal, e logo completou a súa formación musical na Cidade de México. En 1950 compuxo a súa primeira melodía titulada "Nunca en el mundo" e ao ano seguinte iniciou a súa actividade profesional como pianista. Seis anos máis tarde (1957) comezou a traballar como director musical da filial mexicana da compañía discográfica CBS Internacional. Pouco despois converteuse no pianista acompañante de artistas como Pedro Vargas, Lucho Gatica e Raphael.
En 1962 obtivo o quinto lugar no Festival da Canción en México. En 1965 gañou o primeiro lugar do Festival da Canción en Miami co tema Cuando estoy contigo. En 1967, animado por un executivo da filial mexicana do selo RCA Victor, gravou o seu primeiro disco con cancións de seu, todas elas de xénero romántico.
As súas cancións foron interpretadas por cantantes como Frank Sinatra, Tony Bennett, Elvis Presley, Frank Pourcel, Paul Mauriat, Ray Conniff, Manoella Torres, Marco Antonio Muñiz, Edith Márquez, Raphael, Moncho, José José, El Tri, Andrea Bocelli, Andrés Calamaro, Christina Aguilera, Pasión Vega e Luis Miguel.
En 1978 obtivo o primeiro lugar do Festival de Mallorca co tema Señor amor. Outras cancións coñecidas del son Voy a apagar la luz, Contigo aprendí, Adoro, Esta tarde vi llover, Por debajo de la mesa, Somos novios ou Felicidad. En 1993 a revista Billboard outorgoulle o Premio á Excelencia pola súa traxectoria artística.
Nos anos setenta perdeu un xuízo nos Estados Unidos por plaxio por causa da súa canción It's Impossible.
Discografía 1959: Mi primera grabación 1967: A mi amor... Con mi amor 1967: Manzanero el Grande 1968: Somos novios 1968: Armando Manzanero, su piano y su música 1969: Para mi siempre amor N/A: Que bonito viven los enamorados 1976: Lo mejor de Armando Manzanero 1977: Fanático de ti 1977: Corazón salvaje 1979: Ternura y romance 1981: Mi trato contigo 1982: Otra vez romántico 1985: Armando Manzanero 1987: Cariñosamente, Manzanero 1988: Mientras existas tú 1992: Las canciones que quise escribir 1993: Entre amigos 1995: El piano... Manzanero y sus amigos 1996: Nada Personal 1998: Manzanero y la libertad 2001: Duetos 2002: Duetos 2 2002: Lo mejor de lo mejor 2005: Lo esencial
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bolero
Ligazóns externas Web oficial do cantante
Categoría:Cantantes de México Categoría:Personalidades do bolero Categoría:Músicos de México Categoría:Nados no estado do Iucatán Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados pola COVID-19 en México