Cans de Caza, anteriormente Lebreiros e internacionalmente Canes Venatici, é unha pequena constelación do norte inserida por Johannes Hevelius no século XVII. O Can máis ó norte foi chamado Asterión, e nalgún tempo foi considerado unha constelación ou coma mínimo un asterismo. O Can máis ó sur foi chamado Chara.
Estrelas principais
α Canum Venaticorum (Cor Caroli). O seu nome significa "o corazón de Carlos", coma homenaxe ó rei inglés Carlos II (1630-1685), por que no seu reinado fundouse o Observatorio de Greenwich. É unha estrela dobre moi vistosa; unha das súas compoñentes, α2 Canum Venaticorum, é o prototipo dunha clase de variables que levan o seu nome (variables Alfa2 Canum Venaticorum). β Canum Venaticorum (Asterión ou Chara), con magnitude +4,26, segunda estrela máis brillante da constelación cunhas características físicas que son moi semellantes ó Sol. R Canum Venaticorum, xigante vermella e variable Mira cunha magnitude que varía entre 6,5 e 12,9 nun ciclo de 328,5 días. Y Canum Venaticorum (A Superba), unha estrela de carbono e variable semirregular dun espectacular cor vermella. Cunha temperatura de 2800 K, é unha das estrelas máis frías que existen. AM Canum Venaticorum, unha estrela moi azul de magnitude 14, prototipo dunha clase de binarias cataclísmicas. AO Canum Venaticorum (20 CVn), cuarta estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,73 e variable Delta Scuti. AW Canum Venaticorum, xigante laranxa e variable semirregular onde a súa magnitude flutúa entre 4,72 e 4,81. BH Canum Venaticorum, variable eruptiva do tipo variable RS Canum Venaticorum. RS Canum Venaticorum, prototipo dunha clase de estrelas variables que levan o seu nome (variables RS Canum Venaticorum) e ademais binaria eclípsante.
Obxectos Notables do espazo profundo
M51 (NGC 5194). AR: 13h 29m 54.0s Dec: +47°12'00" (Época 2000). Galaxia do Remuíño, a súa distancia ó sol é de 15 millóns de anos luz e ten unha compañeira NGC 5195 AR: 13h 30m 00.0s Dec: +47°16'00" (Época 2000). M63 (NGC 5055). AR: 13h 15m 48.0s Dec: +42°02'00" (Época 2000) - M94 (NGC 4736) AR: 12h 50m 54.0s Dec: +41°07'00" (Época 2000) e M106 (NGC 4258) AR: 12h 19m 00.0s Dec: +47°18'00" (Época 2000). Galaxias espirais, poden ser observadas con telescopios pequenos. M3 (NGC 5272). AR: 13h 42m 12.0s Dec: +28°23'00" (Época 2000). Cúmulo globular brillante. NGC 4244. AR: 12h 17m 30.0s Dec: +37°49'00" (Época 2000). Galaxia espiral, 8º ó oeste de Cor Caroli. NGC 4485. AR: 12h 30m 30.0s Dec: +41°42'00" (Época 2000) e NGC 4490 AR: 12h 30m 36.0s Dec: +41°38'00" (Época 2000). Dúas galaxias observadas no mesmo campo, a NGC 4485 denominaselle Galaxia Cocoon, 4490 é máis grande e brillante. Localízanse a 1º ó nordeste de Beta Canum Venaticorum. NGC 4631. AR: 12h 42m 06.0s Dec: +32°32'00" (Época 2000). Moi brillante, 6º ó sur de Cor Caroli e 2º ó oeste. No mesmo campo hai dúas galaxias máis NGC 4656 AR: 12h 44m 00.0s Dec: +32°10'00" (Época 2000) e NGC 4657 AR: 12h 44m 12.0s Dec: +32°12'00" (Época 2000).
Mitoloxía
Representan a Asterión e Chara, os dous cans sostidos polo Pastor (Boötes) mantendo o camiño das osas ó redor do polo norte. esquerda|450px|miniatura|Imaxe dos Cans de Caza. .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
https://web.archive.org/web/20080415000325/http://usuarios.lycos.es/astro114/OBSERVACION-CANES-VENATICI.htm Photographic Catalogue of Deep Sky Objects in Canes Venatici The Deep Photographic Guide to the Constellations: Canes Venatici Star Tales – Canes Venatici
Categoría:Constelacións