Afonso de Lanzós"Don Alfonso de Fonseca, arzobispo de Santiago, considerando los buenos servicios prestados por Alonso de Lanzós... Cita: Don Alfonsso de Fonseca, por la miseracion divina, arçobispo de Santiago, cappellan mayor de nuestro señor el rey e del su Consejo, e su notario mayor del regno de Leon, acatados los buenos e leales serviçios que vos, Alfonsso de Lançoos, fijo de Juan Freyle de Lançoos,. 26/5/1463. CCG."O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a Afonso de Lanzós e á súa muller unhas casas na freguesía de Santiago de Lugo por renda anual de 150 marabedís" 18/4/1469. CCG. ou Alonso de Lanzós,Aparece, simplemente, como "Alonso Lanzós", sen preposición, en foi un nobre e dirixente irmandiño. No ano 1467, dentro da Gran Guerra Irmandiña, uniuse aos vasalos facendo súas as reivindicacións destes e dirixiu xunto a Pedro Osorio e Diego de Lemos un auténtico exército popular. Lanzós ergueuse contra a casa dos Andrade, aos que servira, por afrontas á súa propia familia. Logrou vencer todas as súas fortificacións, agás a de Moeche, aínda que finalmente foi preso por Fernán Pérez Parragués e rematou nun calabozo dos Andrade.
Traxectoria Afonso de Lanzós era un cabaleiro galego orixinario de Betanzos, un fidalgo modesto que entón tiña vinte homes de a cabalo e catrocentos vasalos. Serviu ao seu curmán Fernán Pérez de Andrade para despois pasar á casa dos Gómez Pérez das Mariñas. En 1465, foi a Castela para solicitar a protección do rei Henrique IV.
Segunda revolta irmandiña (1467 a 1469)
A revolta iniciouse en Santiago de Compostela e estaba formada por 80.000 homes armados e dirixida por: Diego de Lemos que asumiu o mando da revolta na zona de Ourense. Pedro Osorio levou Santiago de Compostela, Padrón e Pontevedra. Afonso de Lanzós asumiu o mando das milicias populares, en Betanzos e Mondoñedo.
Nos inicios a revolta fíxose co territorio destruíndo máis de cen castelos e os nobres fuxiron a Portugal, Asturias e Castela. En 1468, Lanzós derrotou os baróns feudais. En 1469 Pedro Madruga, fuxido nos inicios da revolta, iniciou a ofensiva dende Portugal coa axuda de parentes e amigos da cabalería portuguesa ao mando dun exército armado con arcabuces, e percorreu o traxecto Tui-Pontevedra-Padrón-Santiago, encontrándose con Fonseca e Pimentel cerca de Santiago de Compostela. Un segundo exército dirixido polo arcebispo Fonseca veu dende Salamanca, acompañado de Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, así como de Pedro Vega e outros cabaleiros. Pedro Álvarez xuntouse con eles en Balmalige preto de Santiago. O terceiro exército chega dende Castela, co conde de Lemos, que avanza dende Ponferrada ata Monforte de Lemos con Pedro Pardo de Cela. O exército irmandiño descoñecía as armas de fogo. Empregaban só béstas, ondas e catapultas. Pedro Madruga gaña batalla tras batalla e Afonso de Lanzós tense que retirar cos seus homes ao castelo dos Andrade en Pontedeume. Por entón Pedro Osorio e Diego de Lemos réndense, deixan a revolta e pásanse ao inimigo. Sabedor da crueldade do señor dos Andrade e da imposibilidade de continuar a loita, decide renderse ao bispo de Santiago, Afonso de Fonseca II e entrega Pontedeume. Cando se retiraba foi feito preso e entregado a Fernán Pérez de Andrade en 1470.
Últimos anos miniatura|110px|Escudo do concello de Maceda coas armas dos Lanzós. Afonso de Lanzós perdeu as súas posesións a mans do conde de Lemos e Diego de Andrade en vinganza: A casa forte de Lanzós, e outras Os coutos de San Sadurniño, Ferreira, e San Martiño con todos sus vasallos, señorío e jurisdiçión çevil e creminal. Os padroados e beneficios de Lanzós, San Sadurniño, O Deveso, San Cristovo de Ferreira, San Xiao de Ferrol, San Xurxo da Mariña, San Xoán de Esmelle, Santa Uxía de Mandiá e San Mateo (actual Narón).
Fixo testamento o 21 de maio de 1480 na cidade da Coruña, na casa do mercador Juan de Dios onde se atopaba recollido e prostrado de enfermidade;Traslado do testamento de don Alonso de Lanzós mandou ser enterrado no convento de San Francisco da Coruña onde di que descansaban os seus devanceiros. A súa viúva en 1492 preitea pola recuperación dos bens.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Pedro Osorio Ligazóns externas : "Os Lanzós recuperan San Sadurniño"
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Revoltas irmandiñas Categoría:Nobres de Galicia do século XV