Kirikou et les bêtes sauvages (Kirikou e as bestas salvaxes) é unha película de animación francesa realizada por Michel Ocelot e Bénédicte Galup, que saíu no ano 2005.

Sinopse Esta segunda obra presenta de novo o enxeñoso personaxe Kirikou, que debe outra vez combater a bruxa Karabá.

A película, narrada polo avó de Kirikou, conta unha serie de aventuras do protagonista, un neno de África que ten que loitar contra unha hiena, escapar dos fetiches da bruxa Karabá, recuperar as ganancias perdidas polo desastre causado por un búfalo, e mesmo converterse en fetiche para salvar as mulleres do seu pobo.

Ficha técnica Dirección: Michel Ocelot, Bénédicte Galup. Guión: Philippe Andrieux, Bénédicte Galup, Marie Locatelli, Michel Ocelot. Produción: Didier Brunner. Director de animación: Olivier Reynal. Música: Manu Dibango, Rokia Traoré e Youssou N'Dour. País de orixe : Francia. Formato: Cor - 1,85:1 - Dolby Dixital - 35 mm. Xénero: Animación. Duración : 75 minutos.

Véxase tamén Outros artigos Kirikou et la Sorcière Kirikou

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes dirixidos por Michel Ocelot