Nassau é a capital das illas Bahamas. É o centro comercial e cultural das illas e, cunha poboación de 210.832 habitantes, é tamén a cidade máis grande.
Situada na illa de Nova Providencia, Nassau ten un atractivo porto moi transitado. O clima tropical e a fermosura natural das Bahamas tornaron Nassau nun moi popular destino turístico, cunha reputada calma durante as horas de sol e unha excitante vida nocturna.
Historia miniatura|dereita|300px|Vista aérea de Nassau, co forte Charlotte en primeiro termo. Nassau foi fundada polos británicos a mediados do século XVII co nome de Charles Towne, mais logo mudóuselle o nome polo de Nassau en honra do rei inglés Guillerme III de Orange-Nassau en 1695. Durante o século XVIII, foi un famoso acocho de piratas; un dos mais célebres que aquí se agochaba foi Barbanegra. Nassau foi obxectivo de numerosos intentos de invasión por parte dos españois a fins do século XVIII. No 1776 foi tomada e retida brevemente polos revolucionarios norteamericanos.
Xeografía thumb|left|Peirao Prince George no porto de Nassau
Situada na Illa da Nova Providencia, Nassau ten un atractivo porto, unha mestura do vello mundo e arquitectura colonial e un porto moi ocupado. O clima e o medio natural das Bahamas converteron a Nassau nun destino turístico.
Nassau desenvolveuse directamente detrás da zona portuaria. Nova Providencia ten 200 km² de terra relativamente plana e de monte raso entrecruzadas por cristas baixas (ningunha das cualas impidíu o seu desenvolvemento). No centro da illa hai varios lagos pouco profundos conectados por mareas.
A proximidade da cidade aos Estados Unidos (290 km ao leste-sueste de Miami) contribuíu á súa popularidade como resort de vacacións, especialmente despois de que os Estados Unidos prohibise as viaxes a Cuba en 1963. O resort de Atlantis nas proximidades Illa Paradise supón máis chegadas turísticas á cidade que calquera outra propiedade hotelera de Nassau. O mega-resort emprega máis de 6.000 bahameses e é o maior empleador fóra do goberno.
Clima Nassau ten un clima tropical de sabana ( Köppen: Aw ), que fai fronteira cun clima monzónico ( Köppen: Am), con veráns quentes e húmidos e un inverno cálido e máis seco. As temperaturas son relativamente consistentes ao longo do ano. Durante a estación húmida de xuño a setembro, as temperaturas medias durante o día son 30º - 32 °C, mentres que durante a estación máis seca de novembro a marzo as temperaturas diúrnas están entre 25º e 27 °C, rara vez caendo por debaixo de 15 °C .
+Temperatura media do marXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDec73 °F 23 °C73 °F 23 °C75 °F 24 °C79 °F 26 °C81 °F 27 °C82 °F 28 °C82 °F 28 °C82 °F 28 °C82 °F 28 °C81 °F 27 °C79 °F 26 °C75 °F 24 °C 150px|thumb|Vista por satélite de Nassau e Paradise Island
Demografía
Comunicacións O aeroporto internacional de Nassau, o máis importante das Bahamas, ten conexións diarias coas cidades principais dos Estados Unidos, do Canadá, do Reino Unido e do Caribe.
Notas
Categoría:Xeografía das Bahamas Categoría:Capitais de América