Auguste Valliant, nado en Mézières, Ardenas, Francia en 1861 e finado en París o 5 de febreiro de 1894, foi un anarquista francés, que acadou fama a finais do século XIX por ser o autor dun atentado con bomba na Cámara de Deputados Francesa o 9 de decembro de 1893.

Biografía Nado nas Ardenas en 1861, tivo unha infancia miserable. Con doce anos xa vivía só en París, sendo posteriormente condenado por pequenos delitos: ós trece por ir nun tren sen billete, e ós dezasete por roubar comida. Por tales crimes pasou seis días na cadea.

Traballou en diversos empregos manuais temporalmente en calidade de aprendiz, e sentiuse atraído pola astronomía e a filosofía. Preocupado pola miseria dos habitantes pobres de París, entre os que se incluía, foi seducido polos círculos anarquistas e comezou a frecuentar algúns destes grupos. Casou e viviu na pobreza coa súa esposa e coa súa filla Sidonie, que logo da súa morte sería adoptada por Sébastien Faure.

En certo momento da súa vida decidiu abandonar París para probar sorte na Arxentina, na rexión do Chaco, onde a realidade non se mostrou menos hostil. Despois de tres anos na emigración, Vaillant retornou a Francia, onde conseguiu apenas empregos casuais que aceptaba para poder alimentar á súa familia.

Interese pola anarquía Volveuse militante das campañas anarquistas, e frecuentemente defendía a propaganda polo acto, que se podería resumir nunha estratexia de ataque que serviría de inspiración para outros ataques. As vagas de atentados terroristas executados por anarquistas estábanse multiplicando en Francia entre os anos 1892 e 1894 por medio da iniciativa de varios activistas, entre eles Ravachol, Sante Caserio e Émile Henry. As súas accións pretendían atacar á burguesía e ó estado, considerados por eles como responsables da miseria e da crise económica vixente, e os principais culpables da desigualdade e explotación das clases obreiras.

Atentados miniatura|Reconstrución do atentado publicado no Petit Parisien miniatura|esquerda|A explosión da Cámara dos Deputados, pintada polo artista Derroir Ese contexto de inxustiza social motivou a Auguste Vaillant a esixir vinganza tamén pola execución de Ravachol, guillotinado despois de colocar catro bombas en Predios Públicos parisienses e nun gran restaurante. Vaillant esperaba tamén conseguir denunciar a represión do goberno de Jean Casimir Perier contra os traballadores e anarquistas.

A acción de Vaillant tivo lugar o 9 de decembro de 1893. Cara ás 16 horas, lanzou unha bomba de gran tamaño na Cámara dos Deputados do Pazo Bourbon nunha sesión presidida por Charles Dupuy. Esta era unha bomba cargada de cravos e pedazos de zinc, que foi lanzada sobre os deputados e espectadores que asistían ás deliberacións. Cincuenta persoas resultaron feridas, incluído o propio Vaillant, que sufriu a amputación do nariz.New York Times de 11 de decembro de 1893.

Un artigo no Fígaro do 10 de decembro de 1893 describe a escena:

O xuízo miniatura|esquerda|Vaillant camiña coa cabeza erguida camiño da guillotina. Pintura feita sobre foto orixinal Detido por outras vinte persoas, Vaillant admitiu aquela mesma noite que era o autor da bomba. No xuízo afirmou que o xesto tiña a intención de ferir, e non de matar. Esa foi a razón de ter enchido a bomba con cravos e non con balas.

Antes do veredicto, Vaillant falou diante dos xurados para xustificar os actos de violencia a favor dunha nova sociedade:

Aguste Vaillant foi sentenciado a morte. Malia a petición lanzada ó seu favor polo Abade Lemire, ferido durante o ataque, e da intervención da súa filla Sidonie xunto á primeira dama. Sadi Carnot, o entón presidente da Terceira República Francesa, negouse a perdonalo. Ós 33 anos de idade foi guillotinado. Antes do momento final gritou:

Desquites A súa morte foi de feito a mecha para que a revolta se expandise entre outros anarquistas, que adoptaron como himno a canción O Lamento de Vaillant, de F. Xan-Neuf e Charles Spencer. Como forma de vinganza ante a execución de Vaillant, o 12 de febreiro de 1894 o francês Émile Henry lanzou unha bomba nun café frecuentado pola elite parisiense, e o italiano Sante Geronimo Caserio matou a Sadi Carnot, o presidente da República Francesa cunha única puñalada no corazón o 24 de xuño de 1894 en Lión.

A reacción estatal A consecuencia directa dos actos anarquistas foi a creación dunha serie de leis denominadas scélérates (abominables) en 1893 e 1894.

A primeira delas foi aprobada o 12 de decembro de 1893, e estaba relacionada a unha reestruturación da seguridade xeral. Providenciaba a creación dunh nova clase de infraccións que incluía a propaganda polo acto e a glorificación do crime. Esta lei permitía ás autoridades ordenar prisións e ofensivas preventivas. A segunda data do 18 de decembro de 1893, e trata do que foi chamado de "sindicato do crime" e de "asociacións de malfeitores". O seu obxectivo era promover duras represións contra os grupos acusados da preparación dos ataques. A terceira, adoptada o 28 de xullo de 1894, referíase á liberdade de prensa. Prohibía calquera forma de propaganda de anarquistas, e comportou o peche de varios xornais libertarios.

As leis scélérates só serían abolidas case un século despois, o 23 de decembro de 1992.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Terrorismo Internacional Negra Acción directa

Ligazóns externas O artigo completo no Figaro do 10 de decembro de 1893 Imaxes do Atentadoarquivada dende o orixinal Reportaxe da época sobre a decapitación de Auguste Vaillant no New York Times

Categoría:Anarquistas de Francia Categoría:Terroristas de Francia Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Nados no departamento das Ardenas