San Xoán de Lagostelle é unha parroquia que se localiza ó oeste do concello de Guitiriz, onde radica a súa capital, homónima do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.972 habitantes (1.010 mulleres e 962 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.978 habitantes.

Historia En 1898 constituíuse a nova parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, segregándose os seus lugares de Lagostelle.

Patrimonio Nesta parroquia hai varias construcións relixiosas e civís de interese. A igrexa parroquial, a máis moderna (anos 60) do Sagrado Corazón de María, a de Pardiñas, o Hotel Balneario Guitiriz con capela, mesquita e campo de golf.

Corre a lenda de que nesta parroquia existiu unha vila que quedou asolagada como castigo á súa falta de xenerosidade coa Sagrada Familia. Chamábase Boedo e o seu lugar está agora ocupado polo Pozo das Campás.

Resulta que cando a Sagrada Familia andaba polo mundo buscando acubillo foi dar coa aldea de Boedo. Foron pedindo comida e teito de porta en porta sen que ninguén lles dese nada e mesmo un zapateiro impío os escorrenta botándolles unha forma. Xa saíndo do lugar, petaron na porta da casa máis vella e pobre do lugar, e saíulles unha velliña que os acolleu aínda que non podía darlles nada de comer porque non tiña nin para os seus fillos. A Virxe tranquilizouna e díxolle que lle fixera unha bola de pan coa cinsa da lareira, e moito tivo que insistir porque a señora non quería facer algo tan absurdo, pero terminou facendo a bola e meténdoa no forno a cocer. Pasado o tempo foi sacar a bola e veu, asombrada, que era unha fermosa bola de pantrigo. A Virxe engadiu que, como castigo, a cidade de Boedo estaba anegada e que por culpa dun malo, Deus destrúe unha cidade. Durante moito tempo escoitábase o tanxer das campás na lagoa, que tomou o nome de Pozo das Campás ata que veu un cura e esconxurou o lugar, e deixaron de escoitarse ruídos.González Reboredo, Xosé Manuel: Lendas galegas de tradición oral, Galaxia, Vigo 1983, 97.Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda: Dicionario dos seres míticos galegos, s. v. Boedo, Xerais 2004.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Lagostelle

Parroquias de Guitiriz

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Guitiriz

Ligazóns externas San Xoán de Lagostelle na páxina web do concello

Categoría:Parroquias de Guitiriz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán