Chamaeleon ou Camaleón é unha constelación menor do Sur. A constelación foi unha das vinte constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos de 1595 e 1597, e a súa primeira aparición foi no libro Uranometria de Johann Bayer de 1603.

Estrelas principais α Chamaeleontis, estrela branco-amarela, a máis brillante da constelación con magnitude 4,05. γ Chamaeleontis, estrela xigante vermella, a segunda máis brillante con magnitude 4,09. δ Chamaeleontis, designación de Bayer utilizada para dúas estrelas distintas: δ1 Chamaeleontis, unha xigante laranxa de magnitude 5,46, e δ2 Chamaeleontis, subxigante branco-azulada de magnitude 4,45. Están separadas algo máis de 4 minutos de arco. ε Chamaeleontis, estrela dobre de magnitude 4,88, onde as súas compoñentes están moi preto entre si, están a unha distancia de 1 segundo de arco. θ Chamaeleontis, estrela dobre onde as compoñentes, de magnitudes 4,35 e 12,44, atópanse separadas 31 segundos de arco. OTS 44, anana marrón cun disco protoplanetario.

Outras estrelas con designación de Bayer

β Cha 4,24; ζ Cha 5,07; η Cha 5,46; ι Cha 5,34; κ Cha 5,04; μ Cha 5,53; μ2 Cha 6,60; ν Cha 5,43; π Cha 5,64

Estrelas con designación de Flamsteed 9 Cha 6,05

Obxectos Notables do espazo profundo

NGC 3195 AR: 10h 09m 30.0s Dec: -80°52'00" (Época 2000). Nebulosa planetaria entre δ Chamaeleontis e ζ Chamaeleontis.

En 1999, un cúmulo aberto próximo á nós foi descuberto centrado na estrela η Chamaeleontis. O clúster, máis coñecido coma o Cúmulo Enta Chamaeleontis ou Mamajek 1, ten unha idade de 8 millóns de anos, e está a unha distancia de 316 anos luz da terra.Luhman, K.L. & Steeghs, D. 2004, ApJ, 609, 917 A constelación contén un número variado de nebulosas moleculares (as nebulosas escuras de Chamaeleon) que forman a masa difusa ou de baixa densidade das estrelas T Tauri. O complexo nebular comprende entre 400 a 600 anos luz da Terra, é contén decenas de miles de veces a masa do Sol en gas e po.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

The Deep Photographic Guide to the Constellations: Chamaeleon "The eta Chamaeleontis Cluster: A Remarkable New Nearby Young Open Cluster" (Mamajek, Lawson, & Feigelson 1999) "WEBDA open cluster database entry for Mamajek 1" Star Tales – Chamaeleon

Categoría:Constelacións