"Bella ciao" é unha canción popular italiana. Descoñécese a súa orixe, aínda que varios historiadores indicaron que a súa orixe está nas mulleres das mondinas, traballadoras de arrozais de finais do século XIX que cantaban a canción como protesta polas duras condicións de traballo nos arrozais da Italia setentrional. A canción orixinal foi modificada e adoptada como himno da resistencia antifascista dos partisanos italianos entre 1943 e 1945 contra as forzas ocupantes da Alemaña nazi, durante a guerra civil italiana e contra a República Social Italiana. Existen varias versións de "Bella ciao", e está considerada socialmente como un himno de liberdade e resistencia antifascista. Acadou unha popularidade renovada no ano 2017 trala súa inclusión na serie de televisión La casa de papel.

Melodía

Letra Letra en italiano Tradución ó galego Una mattina mi son svegliato O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao Una mattina mi son svegliato E ho trovato l'invasor.

O partigiano portami via O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao O partigiano portami via Ché mi sento di morir.

E se io muoio da partigiano O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao E se io muoio da partigiano Tu mi devi seppellir.

E seppellire lassù in montagna O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao E seppellire lassù in montagna Sotto l'ombra di un bel fior.

E le genti che passeranno O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao E le genti che passeranno Mi diranno: "Che bel fior!".

È questo il fiore del partigiano O bella ciao, bella ciao, bella ciao ciao ciao È questo il fiore del partigiano Morto per la libertà. Unha mañá, eu acordei adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus unha mañá, eu acordei e atopeime co invasor.

Oh!, partisano, lévame canda ti adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus Oh!, partisano, lévame canda ti que síntome morrer.

E se eu morro de partisano, adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus e se eu morro de partisano, hasme ter que soterrar.

cava unha foxa na montaña, adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus cava unha foxa na montaña, á sombra dunha bela flor.

e a xente que pase, adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus e a xente que pase, Dirame “que bela flor!”

Esta é a flor dun partisano , adeus bela, adeus bela, adeus, adeus, adeus esta é a flor dun partisano, morto pola liberdade. Notas

Categoría:Composicións musicais no dominio público Categoría:Cancións