Jared Tristan Padalecki, nado en San Antonio, Texas, o 19 de xullo de 1982, é un actor estadounidense.
Traxectoria É fillo de Sharon e Gerald Padalecki, de ascendencia polaca. Ten un irmán máis vello chamado Jeff e unha irmá máis pequena chamada Megan.
Empezou a asistir a clases de actuación ós 12 anos, pero non se deu a coñecer ata a súa participación na serie Gilmore Girls, onde interpretaba a Dean Forrester. Tras iso participou en películas coma Bule, isto é Nova York (coas irmás Olsen) ou A casa de cera (debut cinematográfico de Paris Hilton).
Actualmente co-protagoniza, xunto a Jensen Ackles, a serie Supernatural na que interpreta a Sam Winchester.
Véxase tamén
Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en San Antonio, Texas Categoría:Nados en 1982 Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá