Campo é un concello da provincia de Huesca, situado na comarca da Ribagorza, no extremo nordeste de Aragón. A súa poboación era de 295 habitantes en 2005, nunha superficie de 23,03 km² e unha densidade de 12,81 hab/km².
Xeografía Está sito na ribeira do río Ésera, na Ribagorza media, nunha depresión ou "hoya" que a erosión formou nos afloramentos do cretáceo e que se prolonga polos vales de Lierp e Bardaxí, non lonxe do macizo do monte Turbón. Na depresión de Campo quíxose facer un encoro que á fin non se levou a cabo, pero ameaza de facelo tivo consecuenzias negativas na economía local.
O concello ocupa unha área de 23,03 km².
Fala Fálase unha variedade local do aragonés ribagorzano, denominado campés. Empregábase moito deica os anos 80, pero agora case non se sente nas rúas. Hai tamén falares de transición catalano-aragoneses chamados falares do Isábena.
Véxase tamén
Outros artigos Lingua aragonesa
Categoría:Concellos da provincia de Huesca