A bandeira do Senegal foi adoptada o 20 de agosto de 1960.
As orixes da bandeira do Senegal remóntanse á antiga Federación de Malí, cuxa bandeira era moi similar, tendo como única diferenza unha silueta negra na sección central en lugar da estrela verde. A bandeira consta de tres franxas verticais de iguais dimensións coas cores panafricanas: verde (do lado do pau da bandeira), amarelo (a franxa central) e vermello. O significado das súas cores é: Verde: é a cor do profeta Mahoma (e dos musulmáns), da esperanza para os cristiáns,e da fecundidade para os animistas. Amarelo: representa a riqueza froito do traballo, é tamén a cor do espírito, das artes e das letras. Vermello: a cor vermella é a cor do sangue e da vida ,e do sacrificio de toda nación na loita para o seu desenvolvemento.
A estrela de 5 puntas na cor verde, simboliza a abertura para o mundo, a esperanza da independencia do país e os 5 piares do islam para os musulmáns:
A aceptación do credo. Orar cinco veces ao día. Pagar a zakat ou zakah ou azaque, décimo para axudar aos pobres. Observar o xaxún do ramadán. Facer a peregrinación a Meca.
Bandeiras históricas
Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira do Senegal en Flags of the World
Categoría:Símbolos do Senegal Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1960