Santiago de Esposende é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2023 tiña 40 habitantes (22 homes e 18 mulleres).

Ano 2000 2004 2008 2011 2023 Poboación 45 45 44 42 40

Xeografía A parroquia é a máis setentrional do concello. Linda ao norte coa parroquia homónima de Esposende (no veciño municipio de Cenlle), ao leste e sur coa parroquia de Santo André de Campo Redondo, e ao oeste dá co río Avia, que constitúe fronteira natural co concello de Beade.

Historia Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1842), Santiago de Esposende era unha freguesía do concello de Ribadavia no que vivían 84 persoas, das que só 19 tiñan o dereito de veciñanza. Os veciños vivían en unas veinte casas repartidas nos barrios de Eiroa, Quintas e Casas do Marco. Madoz dicía que de norte a sur a vila ocupaba 1/4 de legua (1,5 km aproximadamente). E de leste a oeste, outro tanto.

Destacábanse aspectos como que o cemiterio no ofende a la salud pública ou que os camiños son locales y generalmente en mal estado. O correo recibíase da capital do concello 3 veces á semana.

Era unha parroquia típica do rural da comarca. Producía trigo, millo, legumes, hortalizas, froitas de carabuña, liño e viño, do que xa Madoz nomea a súa calidade, chegando a dicir que saía viño desta parroquia cara a Santiago de Compostela, A Coruña e comarcas próximas de montaña.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Esposende

Parroquias de Ribadavia

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadavia

Categoría:Parroquias de Ribadavia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Parroquias galegas homónimas con outras de concellos limítrofes