1873 (MDCCCLXXIII) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 11 de febreiro Abdica Amadeu I, rei de España. É proclamada a Primeira República Española. 1 de abril: o RMS Atlantic da White Star Line afúndese preto da costa de Nova Escocia, causando 545 mortes. 2 de maio - Aparece en Vigo o periódico La Concordia. 16 de xullo - Aparece na Coruña o xornal El Ejemplo. 15 de setembro - Inauguración da primeira liña de ferrocarril de Galicia entre O Carril e Cornes (Conxo). Bolivia e o Perú asinan un tratado secreto de alianza militar. Historiadores chilenos menciónano como unha das causas da Guerra do Pacífico.
Nacementos 6 de xaneiro - Vicente Arias de la Maza, avogado galego (m. 1963). 8 de xaneiro - Iuliu Maniu, político romanés. 10 de xaneiro - George Orton, atleta canadense. 10 de xaneiro - Fernando Olmedo Reguera, frade e xornalista galego (m. 1936). 12 de xaneiro - Spiridon Louis, corredor grego.
15 de xaneiro - José García Acuña, diplomático e escritor galego (m. 1873). 20 de xaneiro - Johannes V. Jensen, escritor dinamarqués, premio Nobel de Literatura en 1944 (m. 1950). 21 de xaneiro - José Quiroga Velarde, avogado e político galego (m. 1953). 28 de xaneiro - Colette, escritora francesa (m. 1954). 7 de febreiro - Thomas Andrews, construtor naval irlandés-británico (m. 1912). 13 de febreiro - José Barro González, empresario galego (m. 1943). 15 de febreiro - Hans von Euler-Chelpin, bioquímico sueco, premio Nobel de Química 1929 (m. 1964). 19 de febreiro - Louis Feuillade, director de cinema francés (m. 1925). 21 de febreiro - Marcial García Cereijo, sacerdote e xornalista galego (m. 1935). 25 de febreiro - Enrico Caruso, tenor italiano (m. 1921). 7 de marzo - Ángel López Pérez, avogado e político galego (m. 1964). 15 de marzo - Rosendo Vilariño Tenreiro, xornalista galego (m. 1953). 21 de marzo - Selma Rainio, doutora filandesa (m. 1939). 1 de abril - Serguéi Rakhmáninov, compositor, pianista e director de orquestra ruso. 10 de abril - Kyösti Kallio, presidente de Finlandia (m. 1940). 24 de abril - Robert Wiene, director de cinema mudo alemán (m. 1938). 17 de maio - Henri Barbusse, escritor francés (m. 1935). 21 de maio - Manuel Martínez Sueiro, avogado e escritor galego (m. 1920). 3 de xuño - Otto Loewi, fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1936 (m. 1961). 8 de xuño - Azorín, escritor españorl (m. 1967). 11 de xuño - Francisco Álvarez de Nóvoa, xornalista e escritor galego (m. 1936). 24 de xuño - Juan Corzo, mestre de xadrez cubano (m. 1941). 28 de xuño - Alexis Carrel, científico e escritor francés (m. 1944). 1 de xullo - Alice Guy, directora de cinema francesa (m. 1968). 20 de xullo - Alberto Santos Dumont, pioneiro brasileiro da aviación (m. 1932). 31 de xullo - Domingos da Costa Oliveira, primeiro ministro de Portugal (m. 1957). 4 de agosto - Dámaso Berenguer y Fusté, militar e político español (m. 1953). 15 de agosto - Ramón Saavedra Salgado, político galego (m. 1932). 20 de agosto - Eliel Saarinen, arquitecto finlandés (m. 1950). 29 de agosto - María Goyri, filóloga, pedagoga e feminista española (m. 1954). 8 de setembro - Alfred Jarry, dramaturgo, novelista e poeta francés (m. 1907). 9 de setembro - Marcel Boulenger, esgrimista e escritor francés (m. 1932). 22 de setembro - Matteo Bartoli, lingüista italiano (m. 1943). 4 de outubro - Ejnar Hertzsprung, astrofísico danés. 5 de outubro - Lucien Mérignac, esgrimista francés (m. 1941). 9 de outubro - Karl Schwarzschild, astrónomo, matemático e físico alemán. 14 de outubro - Jules Rimet, dirixente deportivo francés (m. 1956). 31 de outubro - John Birmelin, escritor estadounidense (m. 1950). 8 de novembro - Ioakeim Alexopoulos, bispo ortodoxo grego (m. 1959). 20 de novembro - Ramón S. Castillo, presidente da Arxentina (m. 1944). 27 de novembro - Juan González Rodríguez, avogado e político galego (m. 1960). 1 de decembro - Francisco Barber Sánchez, avogado e político español (m. 1923). 7 de decembro - Willa Cather, novelista estadounidense (m. 1947). 8 de decembro - Amado Garra Castellanzuelo, avogado e político galego (m. 1948). 12 de decembro - Pau Albarèl, médico e escritor occitano (m. 1929).
15 de decembro - Manuel Varela Radío, médico e catedrático galego (m. 1962). 19 de decembro - Alphonse Kirchhoffer, esgrimista francés (m. 1913). 20 de decembro - Kanichi Asakawa, historiador xaponés (m. 1948). 21 de decembro - Fermín Zelada Varela, farmacéutico e político galego (m. 1971). César Abellás Vázquez, mestre e escritor galego (m. 1943). Zivar bey Ahmadbeyov, arquitecto acerbaixaní (m. 1925). Ángel Álvarez Mendoza, avogado e político español (m. 1957). Orencio Arosa, militar e político galego (m. 1939). José Carbonell Alsina, xornalista e político catalán. José Enríquez Chanot, pintor e xornalista galego (m. 1933). Arturo Fariña Díaz, xornalista e político galego (m. 1926). Manuel María García Castro, escritor e xornalista galego (m. 1949). Ricardo Goyanes Melgarejo, avogado, xornalista e escritor galego (m. 1924). Eugenio Montero Villegas, político galego (m. 1917). Mariano Piñeiro Groba, sacerdote e escritor galego (m. 1940). José Quintas da Vila, xornalista e político galego (m. 1957). Gerardo Rodríguez García, mestre e pedagogo galego. Peig Sayers, escritora irlandesa (m. 1958).
Mortes 3 de xaneiro - José Arias Uría, avogado e político galego (n. 1799). 9 de xaneiro - Napoleón III, emperador de Francia (n. 1818). 18 de xaneiro - Edward Bulwer-Lytton, escritor e político inglés (n. 1803). 11 de febreiro - Juan Bravo Murillo, político, xurista e economista español (n. 1803). 29 de marzo - Hermann Hankel, matemático alemán (n. 1839). 15 de abril - Carl Friedrich Lottner, lingüista irlandés (n. 1834). 18 de abril Miguel García Cuesta, bispo español (n. 1803). Justus von Liebig, químico alemán (n. 1803). 1 de maio - David Livingstone, explorador escocés (n. 1813). 8 de maio - John Stuart Mill, filósofo, político e economista británico (n. 1806). 15 de maio - Alexandru Ioan Cuza, político romanés (n. 1820). 22 de maio - Alessandro Manzoni, escritor italiano (n. 1785). 28 de maio - Pavao Hatz, político croata (n. 1822). 5 de xuño - Urbano Rattazzi, político italiano (n. 1808). 14 de xuño - Juan Bautista Trúpita, político español (n. 1815). 4 de xullo - Johann Jakob Kaup, paleontólogo e naturalista alemán (n. 1803). 19 de xullo - Samuel Wilberforce, bispo inglés (n. 1805). 13 de setembro - Agustín Fernando Muñoz, militar español (n. 1808). 17 de setembro - Alexander Berry, aventureiro escocés, fundador de Berry (Australia). 26 de setembro - Salustiano Olózaga, avogado e político español (n. 1805). 1 de outubro - Edwin Landseer, pintor británico (n. 1802). 29 de outubro - Xoán I, rei de Saxonia (n. 1801). 28 de novembro - Caterina Scarpellini, meteoróloga, astrónoma e matemática italiana (n. 1808). 14 de decembro - Louis Agassiz, zoólogo e xoólogo estadounidense (n. 1807). Constantino Ardanaz Undabarrena, enxeñeiro e político español (n. 1820). William Ogilby, naturalista irlandés (n. 1808). Leandro Pita Lamas, político galego (n. 1819).
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1873