L. Susan Brown, nada en 1959 no Canadá, é unha escritora e teórica anarquista e feminista, considérase unha individualista filosófica e á vez anarcocomunista.

Traxectoria Brown é máis coñecida polo seu texto xerminal en inglés The Politics of Individualism: Liberalism, Liberal Feminism and Anarchism (1993) publicado por Black Rose Books, no que se fai unha distinción entre "individualismo existencial" e "individualismo instrumental", e examina como estas formas se empregan no liberalismo (en particular, o feminismo liberal) e o anarquismo). Nesta obra afirma que o liberalismo e o anarquismo parten de principios comúns, e que segundo a interpretación destes danse os achegamentos ou enfrontamentos entre ambas ideoloxías.

Publicou numerosos artigos sobre a filosofía política do anarquismo e do feminismo, e o seu traballo se ten traducido ao flamengo, francés, alemán e finés. Brown traballa e vive en Toronto, Ontario, e ten un doutoramento da Universidade de Toronto.

Obra

The Politics of Individualism: Liberalism, Liberal Feminism and Anarchism (1993). Montreal: Black Rose Books. ISBN 978-1551642024

Véxase tamén Ligazóns externas Recensión d'A política do individualismo (en inglés), Black Rose Press Recensión crítica d'A política do individualismo (en inglés) The radical humanism of The Politics of Individualism

Categoría:Anarquistas do Canadá Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Feministas do Canadá Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados no Canadá Categoría:Anarcofeministas