thumb|300px|Hemisferio Oriental a inicios do século IX d.C. thumb|300px|Hemisferio Oriental a finais do século IX d.C. Tempo que transcorre dende o 1 de xaneiro do 801 ata o 31 de decembro do 900 da era cristiá.
Acontecementos destacados
Galiza
820-830: durante o reinado de Afonso II de Oviedo descúbrese na diocese de Iria o sepulcro do Apóstolo Santiago, onde manda construír un templo, que acabaría por ser a Catedral de Santiago.Tradicionalmente deuse o ano 813 como a data deste achado, pero realmente foi entre o 820 e o 830) (Xacopedia: Inventio) [consultado o 1.01.2025]
Europa
809 - 815: guerra entre o Imperio Bizantino e Bulgaria. 811: ocorre a batalla de Pliska, entre unha forza bizantina dirixida polo emperador Nicéforo I e un exército búlgaro comandado polo Khan Krum. Os bizantinos son derrotados nunha serie de enfrontamentos que culminan coa morte de Nicéforo I. 813: os bizantinos son duramente derrotados polos búlgaros na batalla de Versinikia. c. 813 - c. 915: período de graves ataques navais árabes nas costas dos mares Tirreno e Adriático. 814: Carlomagno morre na cidade de Aquisgrán. 815: asínase un acordo de paz de 30 anos entre Bulgaria e o Imperio Bizantino. 825: batalla de Ellandun: o rei Ecgberht de Wessex vence a Mercia e establece o reino de Wessex como o reino supremo de Inglaterra. 839 - 842: guerra búlgaro-servia. 840: morre Lois I, o Piadoso. 841: Dublín é fundada na costa leste de Irlanda polos viquingos. 843: o Imperio Carolinxio está no seu apoxeo en territorio e área. Os tres fillos de Lois I o Piadoso chegan a un acordo coñecido como o tratado de Verdún e dividen o Imperio Carolinxio en tres; Francia Oriental foi dada a Lois o Xermánico, Francia Occidental a Carlos o Calvo e Francia Media a Lotario I. 844: a primeira incursión viquinga na Península Ibérica. 846: un exército de árabes sarracenos procedentes de África, profanan santuarios cristiáns en Roma, incluíndo tumbas e basílicas. 848 - 852: a marxe oeste do Tíber é anexada á cidade de Roma cunha muralla defensiva, encargada polo Papa León IV, constrúese arredor do que se deu en chamar a Cidade Leonina como resposta defensiva á profanación sarracena de Roma en 846. 850 - 875: os primeiros colonos nórdicos chegan a Islandia. 862: o comezo da dinastía Rurícovich en Rus'. 862: a dinastía Bagratuni da Armenia medieval comeza con Ashot I. 863 - 879: período de cisma entre as igrexas orientais e occidentais. 864: cristianización de Bulgaria baixo Boris I. 867: renacemento do Imperio Bizantino baixo a dinastía macedonia. 870: cristianización dos serbios. 870: fundación do Castelo de Praga. 871 - 899: reinado de Alfredo o Grande, o primeiro rei dos ingleses. 872: Islandia colonizada por Ingólfur Arnarson de Noruega. 878: a batalla de Ethandun resulta na vitoria de Alfredo o Grande sobre o señor da guerra Guthrum I. 885: chegada a Bulgaria dos discípulos dos santos Cirilo e Metodio, Clemente de Ohrid e Naum de Preslav. Desenvolvemento do alfabeto cirílico. 885: o abade Cernuo convértese en testemuña do asedio de París polos viquingos. 888: o Imperio Carolinxio decae e cae despois da morte de Carlos o Gordo. 893: concilio de Preslav, Vladimir-Rasate é destronado e sucedeuno Simeón I; a capital trasládase de Pliska a Preslav; o clero bizantino é expulsado e substituído polo búlgaro. O búlgaro antigo convértese na lingua oficial do país. 895/896: ano da chegada dos maxiares a Pannonia. Este ano é amplamente aceptado como o inicio da "toma de terras" húngara. 899: morre o rei Alfredo o Grande de Wessex, primeiro rei dos ingleses.
África
827 - 902: os aglábides establecen un emirato en Sicilia e, posteriormente, atacan o sur de Italia. 830: establécese o Imperio de Ghana (Wagadu). 842: Samaale convértese en xefe do clan Hashiyah e lanza a conquista de Somalia. Isto facilita colonización Hashiyic da península, desprazando aos pobos cusitas nativos de Somalia. 859: os musulmáns establecen a Universidade de Al Karaouine como madrasa en Fez, Marrocos.
Oriente Medio
820: Muḥammad ibn Mūsā al-Khwārizmī escribe o seu tratado sobre álxebra: O libro compendio sobre o cálculo mediante a realización e o equilibrio. 830: a Casa da Sabedoría, unha biblioteca e un instituto de tradución establecido en Bagdad por Al-Ma'mun, califa Abbásida, para transferir o coñecemento de gregos, persas, indios, etc. ao mundo musulmán. 861: asasinato do califa abbásida Al-Mutawakkil e declive do califato Abbásida. 868: Ahmad ibn Tulun rompe co califato abbásida e establece a dinastía Tulunid.
Asia
800s: no sueste asiático os reinos de Muja (daquela Brunei e Vijayapura) e Mayd (Ma-i) libraron a guerra contra o Imperio da China. 802: Jayavarman II do pobo Khmer en Camboxa funda o Imperio Khmer e establece a dinastía Angkoriana. 803: a construción do Buda xigante de Leshan na China da dinastía Tang acaba por rematar despois de 90 anos. 805 - 820: a dinastía Tang estaba baixo o goberno do emperador Xianzong de Tang. 825: Borobudur complétase durante o reinado de Samaratungga. 835: ocorre o Incidente da rosa suave. O emperador Wenzong da dinastía Tang conspira para matar aos poderosos eunucos da corte Tang, pero a trama é frustrada. 845: o budismo é perseguido e prohibido en China. 851: o comerciante árabe Sulaiman al-Tajir visita o porto chinés de Guangzhou, no sur da China, e observa a fabricación de porcelana, a mesquita islámica construída en Guangzhou, o sistema de hórreos da cidade e como funcionaba a súa administración municipal. 856: complétase Prambanan. Segundo a inscrición de Shivagrha, Rakai Pikatan, o marido de Pramodhawardhani, derrotou a Balaputra. 860: Balaputra, o maraxá de Suvarnadvipa e gobernante de Srivijaya, constrúe o templo e mosteiro budista en Nalanda, India, nos terreos cedidos polo rei Devapaladeva de Pala en Bengala, segundo a inscrición de Nalanda. 863: o autor chinés Duan Chengshi describe o comercio de escravos, o comercio de marfil e o comercio de ámbar gris de Somalia no leste de África. 869: un terremoto e un tsunami asolaron a costa xaponesa de Sanriku. 875 - 884: Huang Chao lidera unha rebelión sen éxito contra a dinastía Tang na China.
Personaxes destacadas
Abd al-Rahman III (891-961): futuro emir Omeia e fundador do califato de Córdoba (929-1031) no ano 929. Adi Shankara (788-820): pensador hindú. Ahmad bin Hanbal (780-855): teólogo fundador do hanbalismo. Al-Khwarizmi (783-846): matemático persa "pai" da álxebra. Al-Jahiz (781-861): escritor árabe. Afonso II de Oviedo (760-842): rei do reino de Asturias, durante o seu reinado descubriuse a tumba do Apóstolo Santiago. Alfredo o Grande (849-899): rei de Wessex, famoso polas súas loitas contra os viquingos. Árpád (840?-907): gran príncipe dos maxiares. Abbas Ibn Firnas, 810-887: científico andaluz, famoso por ser un excelente fabricante de lentes, e inventor de reloxos de area, planetarios e os primeiros antepasados documentados que se coñecen ata a data do paracaídas (852) e do ala delta (878), entre outros moitos inventos e melloras. Basilio I (811-886): emperador bizantino. Boris I de Bulgaria (-907): primeiro rei cristián de Bulgaria. Carlomagno (742-814): rei dos francos, emperador do Imperio carolinxio. Clemente de Ohrid (840?-916): arcebispo de Bulgaria e escritor. Han Yu (768-824): escritor chinés. Harald I (855-930): primeiro rei de Noruega. Jayavarman II (770-850): fundador do Imperio Khmer. Xoán VIII (820-882): papa de Roma, coñecido pola lenda da "Papisa Xoana". Kenneth I de Escocia (800-858): rei dos pictos e considerado o primeiro rei de Escocia. León VI o Sabio (866-912): emperador bizantino. Xoán Escoto Eríxena(c. 810-c. 877): filósofo. Lois I (778-840): rei do Imperio Carolinxio, fillo de Carlomagno. Naum de Preslav (830-910): santo, escritor e mestre de orixe búlgara. Ragnar Lodbrok (805?-865): rei viquingo, coñecido por liderar as incursións viquingas en territorios cristiáns en Europa Simeón I de Bulgaria (864/865-927): rei do Primeiro Imperio Búlgaro, famoso polas súas campañas militares. Wang Geon (887-943): rei coreano, fundador da dinastía Koryo. Xianzong de Tang (778-820): destacado emperador chinés.
Invencións, creacións e descubrimentos
Álxebra de Al-Khwarizmi. Ecuacións cadráticas: o matemático indio Śrīdharācārya derivou a fórmula cadrática utilizada para resolver ecuacións cadráticas. Primeira imaxe dunha moa rotativa nunha fonte europea: a ilustración mostra a manivela, o primeiro uso coñecido dunha manivela en Occidente. Libro de salmos de Utrecht, 843. O primeiro libro impreso coñecido, o Sutra do Diamante, impreso na China mediante a impresión en xilografía no ano 868. Invención da pólvora por alquimistas taoístas chineses. O xadrez chega ao Xapón. O latín vulgar comeza a desenvolverse en varias linguas romances. Dous silabarios ou kana desenvólvense a partir de caracteres chineses simplificados no Xapón. A escritura tibetana tivo a súa terceira e última reforma ortográfica.
Notas
09