thumb|300px|Hemisferio Oriental a finais do século V d.C. Período de tempo dende o ano 401 ata o ano 500 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Galiza

411: os suevos, liderados por Hermerico, establecen o primeiro reino independente de Europa Occidental na Gallaecia. 446: Requila, rei dos suevos, rexeita a ofensiva do Imperio Romano e visigodos liderados por Vito, consolidando o control suevo en case toda a Península Ibérica. 456: na batalla do río Órbigo, Requiario perde contra os visigodos de Teodorico II, empezando unha época escura para os suevos da Gallaecia. 463: Remismundo logra reunificar o Reino Suevo de Galicia trala morte dos seus contrincantes na guerra civil.

Europa

406: a fronteira oriental do Imperio Romano de Occidente colapsa cando hordas de suevos, alanos e vándalos cruzan o río Rin, entón conxelado, preto de Maguncia e entran na Galia e despois en Hispania. 407: Constantino III dirixe un exército militar romano dende Britania ata a Galia e ocupa Arles. Isto é visto xeralmente como a retirada de Britania dos romanos. 410: Roma é saqueada polos visigodos liderados polo rei Alarico I. 412: o rei alano Ataces conquista Augusta Emérita e establécea como capital da súa corte. 413: Santo Agostiño, bispo de Hipona, comeza a escribir De Civitate Dei. Arredor do 440, os anglos, xutos e saxóns instálanse na Britania. 451: os hunos ao mando de Atila enfróntanse aos romanos e aos visigodos e son derrotados na batalla dos Campos Cataláunicos. 452: o papa León I reúnese en persoa con Atila no río Mincio e convénceo para que non saquee de novo Roma. 453: morte de Atila. O Imperio Huno está dividido entre os fillos de Atila. 454: prodúcese a batalla de Nedao, onde un exército combinado de xépidos e ostrogodos vence ao exército huno do fillo de Atila Elac. 461: a frota vándala destrúe totalmente a frota romana na batalla de Cartaxena. 469: morre Dengizic, o último khan do Imperio Huno. 472: morre Ricimer, fillo de Requila e gobernante de facto do Imperio Romano de Occidente, alcumado o "Facedor de Emperadores". 476: deposición de Rómulo Augústulo por Odoacro, rei dos hérulos, marca a data tradicional da caída do Imperio Romano de Occidente. 480: asasinan a Xulio Nepote, o último emperador de iure do Imperio Romano de Occidente, en Dalmacia. 481: Clodoveo I convértese en rei dos francos occidentais ao morrer Khilderico I. 493: Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos, asasina a Odoacro e é proclamado rei de Italia. 496: Clodoveo I vence aos alamáns na batalla de Tolbiac.

Oriente

431: celébrase o Primeiro Concilio de Éfeso. 451: celébrase o Concilio de Calcedonia.

África

439: os vándalos conquistan Cartago, apoderándose da súa frota.

Asia

380 - 415: Chandragupta II reina sobre a idade de ouro do Imperio Gupta. 399 - 412: o monxe budista chinés Faxian navega polo océano Índico e viaxa por Sri Lanka e a India para reunir escrituras budistas. 401: Kumārajīva, un monxe budista e tradutor de sutras ao chinés, chega a Chang'an. 405: Mesrop Mashtots introduce o número 36 das 38 letras do alfabeto armenio recentemente creado. 415 - 455: Kumaragupta, emperador Gupta. 420: a dinastía Jin chega ao seu fin por Liu Yu. 420 - 589: dinastías do Sur e do Norte na China. 450: varias inscricións en pedra fan testemuña dos edictos de Xava Occidental. Entre outros, a inscrición Tugu anuncia os decretos de Purnavarman, o rei de Tarumanagara, un dos primeiros reinos hindús de Xava. 451: os persas declaran a guerra aos armenios. 455 - 467: Skandagupta, o último grande emperador Gupta. 477 ou 495: os budistas Chan atoparon o mosteiro Shaolin no monte Song en Henan, China.

América

426: K'inich Yax K'uk' Mo' restablece Copán. 430: o volcán Ilopango entra en erupción, devastando as cidades maias do actual Salvador. 455: fúndase a cidade de Chichén Itzá en México.

Personaxes destacados

Santo Agostiño de Hipona (354 - 430): teólogo romano. Alarico I (370 - 410): rei dos visigodos, coñecido por saquear Roma. Atila (395 - 453): rei dos hunos, coñecido polo alcume de "A lacra de Deus". Bodhidharma: fundador do budismo zen. Clodoveo I (466 - 511): rei dos francos. Constantino III: soldado romano, autoproclamado emperador do Imperio Romano de Occidente. Filostorxio (368 - 439): historiador bizantino. Aecio (396 - 454): último dos grandes xenerais romanos. Gala Placidia (388/392 - 450): emperatriz consorte de Roma e raíña consorte dos visigodos. Xenserico (389 - 477): rei dos vándalos, coñecido por apoderarse do norte de África e saquear Roma. Hipatia (355/370 - 415/416): filósofa e científica de Alexandría. Xerome de Estridón (340 - 420): tradutor da Biblia. León I (390 - 461): santo e papa de Roma. Nestorio (386 - 451): patriarca de Constantinopla e fundador do nestorianismo. Odoacro (435 - 493): rei dos hérulos, depuxo ao derradeiro emperador romano. Patricio de Irlanda: predicador, introduciu o cristianismo en Irlanda. Pelaxio: monxe e reformador británico. Ricimer (405-472): gobernador de facto do Imperio Romano de Occidente. Rómulo Augústulo (461/462-476): derradeiro emperador do Imperio Romano de Occidente. Teodorico o Grande (454-526): rei dos ostrogodos, fundador do reino ostrogodo. Zu Chongzhi (429-500): astrónomo e matemático chinés.

Invencións e descubrimentos

Principios do século V: constrúese o Baptisterio de Neon, Rávena, Italia. Colar de cabalo inventado na China Chaturanga, o precursor do xadrez, orixinouse na India. O arado pesado empézase a usar en terras eslavas. Primeira instancia dunha ferradura de metal atopada na Galia. Alfabeto rúnico anglosaxón introducido en Inglaterra. Charkha (roca xiratoria) orixinouse na India. Alfabeto armenio creado por Mesrob Mashtots. O primeiro uso do cero atopouse no manuscrito de Bakhshali na India.

05