thumb|300px|Hemisferio Oriental a comezos do século IV d.C. thumb|300px|Hemisferio Oriental a finais do século IV d.C. Período de tempo dende o ano 301 ata o ano 400 despois de Cristo.
Acontecementos importantes
Europa
301: Armenia primeira en adoptar o cristianismo como relixión estatal. 306 - 337: Constantino o Grande, pon fin á persecución dos cristiáns no Imperio Romano (véxase tamén o cambio Constantino) e Constantinopla convértese na nova sede do goberno (Nova Roma). 312: ten lugar a batalla da Ponte Milvio onde o emperador Constantino vence a Maxencio e establece o fin da tetrarquía. O Arco de Constantino constrúese en Roma para conmemorar a súa vitoria. 313: o Edicto de Milán promulgado por Constantino I, pon fin ás persecucións contra os cristiáns no Imperio Romano. 325: Constantino o Grande convoca o Primeiro Concilio de Nicea para pacificar o cristianismo no medio da polémica ariana. 337: Constantino o Grande é bautizado no seu leito de morte. 365: un terremoto cunha magnitude de polo menos oito golpea o Mediterráneo oriental. O tsunami causa unha destrución xeneralizada en Creta, Grecia, Libia, Exipto, Chipre e Sicilia. 376: os visigodos aparecen no Danubio e permíteselles a entrada no Imperio Romano na súa fuxida dos hunos. 378: batalla de Adrianópole, o exército romano é derrotado pola cabalaría visigoda. O emperador Valente é asasinado. 380: o Edicto de Tesalónica promulgado por Teodosio I establece o cristianismo como relixión oficial do Imperio. 381: primeiro Concilio de Constantinopla reafirma a doutrina cristiá da Trindade engadindo ao credo de Nicea. 388: o bispo gótico Ulfilas converte aos visigodos ao arianismo. 395: morre o emperador romano Teodosio I, o que provocou a división permanente do Imperio Romano entre os seus fillos Honorio e Arcadio.
Oriente
325 - 328: o Reino de Axum adopta o cristianismo. 350: por esta época o Reino de Axum conquista o Reino de Kush. 350 - 400: nalgún momento durante este período, os hunos comezaron a atacar o Imperio Sasánida.
Asia
304 - 439: comezan os Dezaseis Reinos na China. 320: constrúese o Balangay máis antigo coñecido, un barco multiúsos orixinario de Filipinas. 335 - 380: Samudragupta expande o Imperio Gupta. 350: o reino de Kutai Martadipura no leste de Borneo produciu as primeiras inscricións en pedra coñecidas en Indonesia coñecidas como a inscrición Mulavarman escritas en sánscrito usando as escrituras de Pallava. 383: batalla do río Fei na China. 395: prodúcese a Batalla de Canhe Slope.
América 378: Siyaj K'ak' conquista Waka o 8 de xaneiro, Tikal o 16 de xaneiro e Uaxactun.
Personaxes destacadas
Política
Alarico I (370 - 410): rei visigodo que levou a cabo o saqueo de Roma no 410. Arbogastes (m. 394): soldado romano de orixe bárbara que serviu como magister militum a Valentiniano I. Chandragupta I (319 - 335): rei da dinastía Gupta. Constancio II (317 - 361): emperador romano, fillo de Constantino o Grande. Constancio I Cloro (250 - 306): emperador romano e pai de Constantino o Grande. Constantino I o Grande (272 - 337): emperador romano, considerado o primeiro emperador romano cristián. Estilicón (359 - 408): soldado romano de orixe bárbara. Eugenio (c. 345 - 394): emperador usurpador romano. Fritixerno (m. 380): rei dos visigodos, coñecido por derrotar ao emperador Valente na batalla de Adrianópolis. Graciano o Mozo (359 - 383): emperador romano, coñecido por ser o primeiro en rexeitar os atributos pagáns do seu cargo. Xuliano II (332 - 363): emperador romano, coñecido como Xuliano "o Apóstata". Magnencio (303 - 353): emperador usurpador romano. Magno Clemente Máximo (355/340 - 388): emperador usurpador romano. Maxencio (c. 278 - 312): emperador romano. Shapur II (309 - 379): gobernante do Imperio sasánida. Teodosio I o Grande (347 - 395): emperador romano, estableceu o cristianismo como relixión oficial do Imperio romano e á súa morte dividiuno entre os seus dous fillos. Valente (328 - 378): emperador romano. Valentiniano I (321 - 375): emperador romano. Valentiniano II (371 - 392): emperador romano.
Filosofía e literatura
Amiano Marcelino (ca. 330-ca. 395/400): historiador romano. Ausonio (310 - 395): poeta e retórico romano. Avieno (?): autor da obra Ora marítima. Claudio Claudiano (370 - 405): poeta romano. Eusebio de Cesarea (ca. 263–339): bispo de Cesárea e autor da Historia Eclesiástica. Faltonia Betitia Proba (ca. 306/315-ca. 353/366): poetisa romana. Guo Pu (276 - 324): escritor chinés. Iámblico de Calcis (245/246/250 - 320): filósofo grego, seguidor do neoplatonismo. Kumārajīva (344 - 413): tradutor e escritor hindú indio. Lactancio (c. 245 - c. 325): escritor e apoloxista latino de orixe africana. Temistio (c. 317 - c. 388): filósofo e político romano de orixe grega. Ulfilas (310 - 388): bispo e tradutor de orixe gótica.
Relixión
Acisclo (m. 313): mártir e santo hispanorromano. Ambrosio de Milán (340 - 397): teólogo e arcebispo de Milán. Ario (250/256 - 336): relixioso cuxas doutrinas inspiraron o arianismo. Basilio o Grande (330 - 379): santo e bispo de Cesarea. Fa Xian (337 - 422): monxe e peregrino budista de orixe chinesa. Gregorio Nacianceno (329 - 389): teólogo e arcebispo de Constantinopla. Helena: emperatriz romana, nai de Constantino o Grande e santa. Xerome de Estridón (c. 340 - 420): santo e tradutor, considerado un dos Pais da Igrexa. Xoán Crisóstomo (347 - 407): patriarca de Constantinopla e considerado como un dos Pais da Igrexa. Leocadia (m. 303/305): virxe e mártir hispanorromana. Martiño de Tours (316 - 397): bispo, patrón e santo galorromano. Nicolao de Mira (c. 270 - c. 350): bispo e santo. Osio de Córdoba (256 - 357): bispo de Córdoba e conselleiro do emperador Constantino I o Grande. Prisciliano (c. 340 - 385): bispo hispanorromano, precursor da herexía do priscilianismo.
Invencións, creacións e descubrimentos
Principios do século IV: constrúese a antiga sala de audiencias coñecida agora como a Basílica de Tréveris, Alemaña. O estribo foi inventado na China, non máis tarde do ano 322. Constrúese o piar de ferro de Delhi, na India, é o primeiro piar de ferro do mundo. As funcións trigonométricas seno e verseno orixináronse na astronomía india. Codex Sinaiticus e Codex Vaticanus Graecus 1209, son as primeiras biblias cristiás. Escríbese o Liber graduum, discursos relixiosos siríacos. Mediados do século IV: elabórase o prato de Mildenhall, Inglaterra. Agora consérvase no Museo Británico de Londres. Mediados do século IV: Wang Xizhi fai unha parte dunha carta do álbum Feng Ju. Período das seis dinastías. Agora consérvase no Museo do Palacio Nacional, Taipei. Finais do século IV: faise Cubiculum de Leonis, Catacumba de Commodilla, preto de Roma. Finais do século IV: engádese un atrio na antiga basílica de San Pedro, Roma.
04