Picasa foi un programa para visualizar, organizar e editar fotografías dixitais, orixinalmente creado por Idealab, despois, trala súa adquisición en 2004, converteuse en propiedade de Google, quen o distribuía gratuitamente como freeware. O 12 de febreiro de 2016, Google anunciou que interrompía o soporte para Picasa Desktop e Picasa Web Albums, a partir do 15 de marzo de 2016, e que se centraba no Google Fotos baseado na nube como o seu sucesor.
Nome e logotipo A orixe do nome do programa é un xogo de palabras entre o apelido do pintor malagueño Pablo Picasso, a frase en castelán "mi casa" e a palabra inglesa pic, de picture (debuxo).
A icona e o logotipo teñen a forma dun pentágono formado pola abertura dunha lente fotográfica.
Dispoñibilidade O programa estaba dispoñible en Windows XP, Windows Vista e Windows 7, en Linux (de 2006 a 2012) e para macOS (unha beta en 2009).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Flickr Ligazóns externas http://picasa.google.com
Categoría:Aplicacións informáticas Categoría:Servizos de Google Categoría:Soporte lóxico gratuíto