O nervio troclear ou nervio patético é o cuarto dos doce pares craniais. Trátase dun nervio motor, que innerva o músculo oblicuo superior do ollo. Este leva o globo ocular cara a fóra.
Orixe real Atópase a nivel dos colículos inferiores, por diante da substancia gris periacuedutal, por debaixo da orixe do nervio motor ocular común.
Orixe aparente Áchase por debaixo dos colículos. O nervio atravesa o velo medular posterior. Viaxa pola parte lateral do mesencéfalo e chega ó seo venoso cavernoso. Chega á órbita a través da fendidura esfenoidal seguindo ese seo venoso.
Funcións Só ten a de mover o músculo oblicuo maior do ollo.
Lesións As súas lesións ocasionarán problemas visuais. Se son lesións centrais, a afección é contralateral (lesión do nervio dereito afecta ó ollo esquerdo e viceversa).
Véxase tamén
Categoría:Pares craniais