Marga Romero Lorenzo, coñecida como Marga do Val, nada en Vigo o 15 de abril de 1964, é unha escritora e tradutora galega.

Traxectoria Autora de poesía, ensaio, novela e teatro, é licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola USC. Entre 1995 e 2005 exerceu como lectora de lingua e literatura galegas na universidade de Tréveris, e tamén profesora de lingua e literatura galegas nun centro de ensino medio (San Paio). Colaborou en varias publicacións periódicas, como a revista Grial, Festa da Palabra Silenciada ou A Nosa Terra. Tamén escribiu no Sermos Galiza, no que en 2018 formaba parte do Consello de Administración.

En 2015 foi elixida directora do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo.

Obra Ensaio Os Camiños da vida de Ramón Otero Pedrayo (Edicións do Cumio, 1992). Dieste na aula (Nigra, 1995). Carolina Otero (A Nosa Terra, 2001). Lorenzo Varela (A Nosa Terra, 2005). Tizita e Sabela na procura: Castro e Castrelos. Historias para coñecermos Vigo (2016), Mundo Detrás del Marco, 60 p., ISBN 9788494564468.

Poesía Entre dunas, en colaboración con Paula Lemos (Espiral Maior, 2000). A cidade sen roupa ao sol (Espiral Maior, 2010). Premio da Crítica de poesía galega.

Literatura infanto-xuvenil O prognóstico da lúa (Obradoiro, 1997).

Traducións Cousas da rapazada, de Peter Bichsel. En colaboración con Joachim Wormuth. (Alfaguara, 1998). A Casa da paixón, de Nélida Piñón (Galaxia, 2006). Randea do alento, de Herta Müller (Xerais, 2010).

Edicións Entrevistas a Dieste (Nigra, 1995).

Obras colectivas XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002). Alma de beiramar (AELG, 2003). Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003). XVIII Festival da Poesia do Condado (S. C. D. Condado, 2004). Xela Arias, quedas en nós (Xerais, 2004). Homenaxe a Ánxel Casal (AELG, 2005). Cartafol poético para Alexandre Bóveda (Espiral Maior, 2006). Poemas pola memoria (1936-2006) (Xunta de Galicia, 2006). Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006). 20 Gedichte aus galicien. 20 poemas galegos (Espiral Maior, 2007). Edición bilingüe galego-alemán. Letras galegas 2007: María Mariño Carou: unidade didáctica educación primaria (Xunta de Galicia, 2007). Poetes gallecs d'avui (Llibres del Segle, Xirona, 2008). Cociñando ao pé da letra (Galaxia, 2011). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña. As que rubimos montañas (Meubook/Implicadas, 2012). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015).

Teatro Aurora Rodríguez e a súa moneca de carne, estreada en 2002 polo Teatro Arte Livre. Belle Otero, o corpo que fala, estreada en 2002 polo Teatro Arte Livre.

Premios Premio da Crítica de poesía galega no 2010, por A cidade sen roupa ao sol. Premio da AELG de tradución no 2011, por Randea do alento, de Herta Müller. 2026: Premio Cidade de Tui.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria