O guaraní, facendo referencia exclusiva á variedade coñecida como guaraní paraguaio (avañe'ẽ 'a lingua da xente), é unha lingua indíxena de América do Sur que pertence á subfamilia tupí-guaraníBritton, A. Scott (2004). Guaraní-English/English-Guaraní Concise Dictionary. Nova York: Hippocrene Books. das linguas tupís. É unha das linguas oficiais de Paraguai (xunto co castelán), onde non é falada só polo pobo guaraní, senón pola maioría da poboación, e onde a metade da poboación rural é monolingüe.Mortimer, K 2006 "Guaraní Académico or Jopará? Educator Perspectives and Ideological Debate in Paraguayan Bilingual Education" Working Papers in Educational Linguistics 21/2: 45-71, 2006 É falada por outras comunidades en países veciños, incluíndo partes do noroeste da Arxentina, sueste de Bolivia e suroeste do Brasil, e é a segunda lingua oficial da provincia arxentina de Corrientes dende 2004;Ley 5598 del Estado de Corrientes tamén é lingua oficial de Mercosur.Incorporación do Guaraní como Lingua de Mercosur MERCOSUR official page

O guaraní é unha das linguas máis faladas entre as linguas amerindias e a única entre cuxos falantes hai unha gran cantidade de non indíxenas. É un caso insólito en América, onde a substitución lingüística cara ás linguas coloniais europeas (neste caso o español) non se produciu, e foi acollida como un elemento máis da cultura e da identidade dos "mestizos" (xente de devanceiros españois e guaranís). O guaraní está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O sacerdote xesuíta Antonio Ruiz de Montoya, quen publicou en 1639 a primeira gramática do guaraní nun libro chamado Tesoro de la lengua guaraní, describiuna como unha lingua "tan completa e elegante que pode competir coa máis famosa [das linguas]."

O nome "guaraní" adoita empregarse para a lingua oficial de Paraguai. Porén, é parte dun continuo dialectal, a maioría dos cales tamén son chamados guaraní. Aínda que o guaraní paraguaio non está actualmente en risco inminente, a súa presenza na fala cotiá enfróntase a retos debido ao uso extensivo de préstamos lingüísticos do castelán en todos os niveis (vocabulario, sintaxe, modismos, etc.).

Fonoloxía O guaraní paraguaio ten 33 fonemas, dos que 12 son vogais e 21 consonantes.

Vogais Das 12 vogais (pu'ae) guaranís, 5 son orais (pu'ae jurugua), 5 nasais (pu'ae tĩgua), 1 gutural (pu'ae ahy'ogua) (y = //) e unha guturonasal (pu'ae ahy'otĩgua) (ỹ = //). Orais Nasais anterior central posterior anterior central posterior pechadas (débiles) abertas (fortes)

Consoantes Das 21 consoantes (pundie) guaranís, 8 son plosivas, 5 fricativas, unha africada, unha aproximante, 2 vibrantes e unha sibilante. O seguinte cadro amosa os fonemas segundo o xeito de articulación, o punto de articulación e a grafía usual para cada un deles:

{| class="wikitable" style="text-align: center;" ! colspan="2" | ! bilabial ! alveolar ! alveo-palatal ! velar ! glotal |- ! colspan="2" | Fricativa | style="font-size: larger;" | //v | style="font-size: larger;" | //s | style="font-size: larger;" | //ch, j | style="font-size: larger;" | //g, g̃

! rowspan="2" | Oclusiva ! xorda | style="font-size: larger;" | //p | style="font-size: larger;" | //t | | style="font-size: larger;" | //k | style="font-size: larger;" | // ' |- ! sonora | style="font-size: larger;" | //mb | style="font-size: larger;" | //nd | | style="font-size: larger;" | //ng

! rowspan=2| Sonorante ! nasal | style="font-size: larger;" | //m | style="font-size: larger;" | //n

! non-nasal | | style="font-size: larger;" | //r, l> | style="font-size: larger;" | //i

Nos préstamos léxicos do español tamén intervén a vibrante múltiple //. As oclusivas sonoras poden emitirse como propiamente oclusivas en contextos non-nasais ou como nasais en contextos nasais. O fonema // pode soar como [] ou como []. Os fonemas oclusivos // teñen tanto alófonos prenasalizados [] como alófonos totalmente nasais [], o fonema // posúe dous alófonos, un non-nasal [] e outro nasal [].

Observacións

Palabras nasais O guaraní distingue entre fonemas nasais e orais. A nasalidade de calquera fonema aplícase toda a palabra, por razóns de eufonía, e provoca fenómenos de sandhi nos sufixos que se engaden. Polo tanto, son só orais as palabras en que ningún dos fonemas que a conforman teñen carácter nasal. Nasais: akã («testa»), porã («fermoso»), kuñataĩ («rapaciña»), tembireko («esposa») Orais: rajy («filla»), túva («pai»), sy («nai»), arapoty («primavera»)

Puso O puso ou oclusiva glotal aparece só en posición intervocálica e interrompe momentaneamente a emisión. Aínda que semelle unha ausencia de son, é un fonema por dereito propio, pois entra en oposición fonolóxica co son seguinte. O seu nome ven do propio guaraní pu («son») + so («soltar», «separar»). Na silabación acompaña á vocal que o segue.

Acentuación En guaraní ningunha palabra remata en consoante. Case todas levan acento (muanduhe) na derradeira vogal. O til emprégase só cando a vogal acentuada non é a final.

Por exemplo, a verba tape («camiño») lese [] e tata («lume») lese []. Por outra banda, áva («cabelo»), que se le [] ou tái («picante») [], levan a marca gráfica da súa acentuación.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en guaraní Castelán paraguaio Ligazóns externas Introdución á lingua guaraní na web Linguas do mundo e tipoloxía lingüística, da Universidade de Vigo.

Categoría:Linguas da Arxentina Categoría:Linguas de Bolivia Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas de Paraguai Categoría:Linguas aglutinantes