A Eiriña é un barrio residencial da cidade de Pontevedra, situado ao leste do centro urbano.

Localización Sitúase ao norte do Gorgullón, ao noroeste do barrio da Parda, ao oeste dos Salgueiriños e ao sur do barrio da Seca. Na actualidade forma parte do núcleo urbano, pero no nomenclátor de 1940 pertencía á parroquia de Mourente.

Historia En 1897 inaugurouse no barrio o Hospital Provincial de Pontevedra. O barrio deu nome ao equipo de fútbol Eiriña CF, creado en 1921, que en 1941 se fusionou co Alfonso XIII Foot-ball Club para dar lugar ao Pontevedra CF. O equipo xogaba os seus encontros no Campo do Progreso.

En 1969 a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra construíu no barrio catro bloques con 112 vivendas, na leira dos Canos de Arriba, e a carón dos bloques construíuse a igrexa parroquial da Virxe do Camiño.

Descrición Ademais da igrexa parroquial Virxe do Camiño do arquitecto Francisco Taracido Fraga (inaugurada en 1974) está situado neste barrio o Colexio Calasancio e as oficinas de Telefónica na cidade. O barrio está atravesado pola liña ferroviaria do Eixe Atlántico A Coruña-Vigo, de alta velocidade.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eiriña Club de Fútbol

Categoría: Barrios de Pontevedra