Rebeca Montero Martínez, nada en Ourense o 10 de abril de 1967, é unha actriz galega de teatro e televisión, malia que fixo pequenas incursións no mundo do cine.
Traxectoria Comezou no teatro aficcionado no ano 1985 coa obra Ollo ao piollo King Kong do grupo Caritel. Posteriormente trasladouse a Madrid onde cursou estudos na Real Academia de Arte Dramática. Colaborou nalgúns episodios da primeira tempada de Mareas vivas, así coma, de forma máis continuada, n' A vida por diante (no papel de Lourdes) e en Matalobos (como Lola).
En cine destaca a súa participación en películas coma Blanca Madison, Ipso Facto ou León e Olvido.
O 25 de marzo de 2009 recibiu o premio María Casares á actriz secundaria pola obra A boa persona de Shezuan. Premio que recibiría no 2010 polo seu papel na obra O segredo dos Hoffman.
En 2011 resultou finalista da audiencia na V edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, por Carne de cañón.
Carreira Cine O enfermo imaxinario (1986) Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991) Luz negra (1992) A fiestra baldeira (1994) Contos de Alntraia: Tornabón (1995) El rey del río (1995) Blanca Madison (1998) Nena (1999) Ipso Facto (2003) León e Olvido (2004) Todo é silencio (2012; como Amparo)
Televisión Mareas vivas (1998) A vida por diante (2006-2007) Matalobos (2009) Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011) O faro (2013)
Teatro Alta comedia (2002) A boa persona de Shezuan (2008)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas IMDb AVG
Categoría:Actores de Ourense Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados en 1967